SR CALO 0 – S.D.C. RECESENDE 2

pinchos-viveiroOS 3 PUNTOS PA BUCHACA

Pemán equivocouse. Tarde despexada a que se presentou hoxe en Calo para ver como o Recesende se levaba a victoria de forma clara no campo dun dos seus rivais históricos.
O partido, coma de costume, non tivo un dominador claro. Por momentos era o Rece e por outros o Calo, quen trataba de chegar a portería contraria. Era un partido sen ocasións claras, no que tiña pinta de que quen marcara o primeiro , se ía levar o partido. Foi unha xogada aillada, na que Aitor puxo un centro ao segundo pao, no que ali esperaba Roni que, tras un bo control e un bonito quiebro, facía un tiro cruzado que se colaba na portería visitante. 0-1, alegría a raudales pola nosa parte. Tocaba aguantar o resultado e buscar algunha contra para aumentar o marcador. Dende o gol ata o pitido do descanso, non houbo máis que destacar, o único, a pasividade do árbitro á hora de sacar tarxetas.

Saímos ao campo na segunda parte coa intención de ter máis posesión de balón e de asegurarnos que o Calo non nos pillara en superipridade en ningún ataque. Este obxectivo conseguiuse xa que fumos que de controlar os tempos do partido e ata de crear máis peligro ca o rival. Era o minuto 65 cando un despexe en largo da nosa defensa era aproveitado por Osvaldo para, no man a man co porteiro, poñer o 0-2 no marcador e finiquitar o partido. O Calo, despois deste gol baixou os brazos e sólo intentou tocar o balón, sen decidirse a ir ao ataque con todo.

Esta victoria ten triple bo sabor de boca:
1) os tres puntos, por suposto
2) o rival, xa que é un derbi
3) o empate do Praiña, que nos situa a 6 puntos deles.
Sabemos que o ascenso directo segue a estar moi complicado, pero todas as opcións pasan por gañarlle na próxima xornada na Devesiña.

Xogaron: Luis, Jhoni, Jabali (Nacho), Julio, Carabán, Muras, Tubío (Munin), Carlos, Roni (Rafa), Aitor (Alex) e Osvaldo.
Goles: Roni e Osvaldo.
Despois do partido, tal e como atestigua a foto, fomos invitados a comer uns magníficos pinchos ao Viveiro da Poboa.