S.D.C. RECESENDE 0 – 3 C.D. SAR

IMG_0690

DESASTRE TOTAL

O partido de hoxe é un deses dos que se teñen que olvidar xa e desexar que chegue rápido o próximo para lavar a pésima imaxe que demos no campo. Falta de actitude, de ganas, de tensión… e sobre todo, o que máis dano nos fixo, foi que pensabamos que xa tiñamos o partido gañado antes de xogalo e como din no anuncio de acierto.com ERROR!!!  Se a esto lle xuntamos que o Sar foi un equipo moi solidario, forte e concentrado durante todo o partido, pois o duro resultado foi máis que xusto.

O Sar pronto se adiantou no marcador. Foi no minuto 8 cando logrou o 0-1 cun remate de cabeza tras un saque de esquina. Antes do gol, xa se nos vía moi imprecisos co balón nos pés pero tras o gol encaixado estas imprecisións acentuáronse. Case sen tempo para dixerir o 0-1, chegou o segundo gol dos visitantes, no minuto 15, nun man a man.

IMG_0706

Pero nin tan sequera este segundo gol nos fixo espabilar e seguiamos deambulando polo campo e mirando como o Sar gañaba todos os balóns, tanto por arriba coma por abaixo, e saía rápido a buscar as espaldas dos nosos centrais, caendo sempre o seu dianteiro ás bandas.

IMG_0730

Os minutos pasaban e parecía máis cerca o Sar do terceiro gol que nos de recortar diferencias. E así chegou o descanso, cos nosos xogadores moi decepcionados co seu rendemento.

Confiados de que podiamos darlle a volta, saímos dos vestiarios para afrontar a segunda parte. Pero nada, nin sequera demos a sensación de perigo dun equipo que necesitaba irse con todo ó ataque. A fortaleza dos rivais e a súa continua anticipación foi decisiva e vital para abortar calquer ataque.

IMG_0738

O 0-3 chegou no minuto 80, nun contragolpe ben levado cun pase da morte aproveitado polo seu dianteiro.

Xa case no tempo añadido, para colmo, fallamos un penalti.

Non temos disculpa algunha. Un equipo que fai o seu primeiro tiro a portería máis alá do minuto 70, necesita facer autocrítica e pedir disculpas aos seus aficionados.

IMG_0680

Xogaron: Marcial, Adrián (Gus), Nacho, Carabán, Jhoni, Muras, Tubío (Carlos), Mika (Raúl), Alex, Gabi (Lojo) e Roni