S.D. URDILDE 2 – 4 S.D.C. RECESENDE

563147_616134555110966_306771844_n
PÓKER DE GOLES Ó EQUIPO MENOS GOLEADO
Presentabámonos en Urdilde co obxectivo de puntuar. O equipo local chegaba a este partido como o equipo que menos goles recibía, sólo 8 goles en 12 encontros disputados. Podíase intuir según esto que se trataba dun equipo que non perdía o sitio e que non sería fácil nin gañarlles as costas nin sorprendelos en contras. Pois ben, hoxe parece ser que non tiveron o seu día, xa que materializáronse 4 goles, pero poideron ser algún máis.
Despois dunha semana na que non se entrenou nin todo o tempo ni ao ritmo que se debería facer, as dudas do corpo técnico acerca de se esta situación afectaría ao rendemento no partido eran visibles. Afortunadamente, estivemos a altura das circunstancias e levámonos tres puntos para o peto.
IMG_0234
Xa dende o inicio do partido se vía que o noso equipo estaba cómodo sobre o terreo. O rival non nos presionaba moito no medio do campo e esto aproveitámolo ben para surtir, con certa comodidade, balóns ás bandas. A primeira ocasión clara de gol estivo na cabeza de Lojo que rematou un balón aéreo estrelándose o esférico no pao. Era o primeiro aviso; o segundo non tardou en chegar xa que minutos máis tarde a defensa do Urdilde despexaba sobre a liña de gol un balón que ía para dentro. Despois destas dúas ocasións chegou unha xogada moi discutida polos locais, que pediron mans dentro da nosa área de Eloi, que as tiña pegadas ao corpo pero a verdade é que sí que o árbitro podía pitar penalti sen problema. Non pasaron nin 5 minutos despois desta polémica cando Osvaldo era derribado dentro da área pitando, esta vez sí, penalti (anteriormente Osvaldo xa protestara outro posible penalti). Lojo encargouse de tiralo e de transformalo: minuto 30, 0-1.
IMG_0245
A pesar de non ter moito traballo, a nosa defensa encóntrabase algo dubitativa. Non era capaz de despexar balóns fáciles e non transmitían a seguridade de outros partidos. O gol do empate chegou por unha falta de atención na marcaxe que deixou ao dianteiro rival só diante de Diego: minuto 33, 1-1.
Pero a nosa reacción non se fixo esperar e un minuto máis tarde do empate, no 34, pase atrás de Lojo que era aproveitado por Alex cun disparo inapelabe ó que nada puido facer o porteiro: 1-2.
Tras cinco minutos de frenesí, con 3 goles, volveu a calma ó encontró e sólo destacar un man a man que Mika non puido finalizar en gol. Chegou o tempo de lecer e hora para falar e mellorar certos aspectos.
A segunda parte deu comezo con imprecisións por parte dos dous equipos. No minuto 55, Alex conseguía poñer o 1-3 e o seu doblete no partido tras unha boa asistencia de Mika.
O Urdilde non sabía cómo facernos dano. Nos primeiros 25 minutos da segunda parte sólo fixeron un tiro a portería que foi blocado con certa facilidade por Diego. Mentres tanto nós desaproveitamos ocasións para dar a sentencia ó partido e despois case o acabamos pagando.
IMG_0243
Foi no minuto 77 cando o Urdilde recortou distancias tras unha serie de rechazes, donde nos non soupemos despexar o balón e éste acabou caendo nas botas dun xogador do Urdilde que conseguiu enganchar un bo disparo e superar a Diego: 2-3.
Os nervos apoderáronse de nós e cada balón aéreo nas nosas inmediacións causaban perigo e sensación de que o empate podía chegar en calquer momento. Por sorte eso non sucedeu e nas postrimerías do encontro Roni aproveitaba un bo centro de Alex para establecer o definitivo 2-4 no marcador e poñer punto final a un encontro no cal fomos xustos vencedores.

Xogaron: Diego, Nacho, Carabán, Eloi, Jhoni, Tubío (Roni), Carliños, Mika (Gabi), Lojo, Alex e Osvaldo (Raúl).
Goles: Alex (2), Lojo e Roni

No partido de hoxe foron entregadas, aos xogadores e ao corpo técnico, as sudaderas patrocinadas pola Cervezecería A Liga. Darlle as gracias por este detalle e máis polo chulas que quedaron!!
LIGA