SDC RECESENDE 1 – 0 SD URDILDE

IMG_2313NOVA VICTORIA COA QUE SEGUIMOS INDO A MÁIS.

Unha Devesiña cunha magnífica entrada presenciou a segunda victoria consecutiva do Rece que lle aúpa ata a parte noble da táboa. Non foi nada fácil sacar o encontro adiante xa que nos encontramos cun rival moi duro e sólido.

Os dous equipos comezaron o encontro coas súas liñas moi xuntas, non había excesivos balonazos pero as defensas tampouco intentaban arriesgar. A loita era no medio do campo, na que o dominio era alterno, era por momentos. Deste tipo de xogo, iba a sacar máis proveito o que estuvera máis atento e concentrado ós segundos balóns, pero neste aspecto tamén estivemos moi parexos.IMG_2310

Pouco que destacar na primeira metade, cunha ocasión para cada bando. Lojo non estivo acertado para empuxar un balón que Peri colocou medido no segundo pao; e por parte os visitantes, un exceso de confianza de Muras nun difícil control deixoulle o balón franco dentro da área a un rival que disparou por encima da meta de Mateo.DSC08907

Turno do descanso co marcador inmóvil.

A segunda metade, quizáis arrancou cun Urdilde máis espavilado, recuperando o balón máis rápido e saindo con decisión ao ataque, pero sen fortuna nos pases decisivos.

Foi cando mellor estaba o equipo visitante cando conseguimos o gol que nos deu o partido. Saque de esquina executado por Lojo que atopa no segundo pao a Carabán quen, erguéndose máis que nadie, cruza o balón e éste atopa as redes da portería: minuto 65, 1-0.IMG_2323

Co marcador a favor era o momento de aprender de errores pasados: non botar o cu atrás e aproveitar as ocasións que ibamos a ter. Aínda que o Urdilde tivo momentos de arreóns, sí que conseguimos manter certo control do resultado e tivemos a opción de facer o segundo nun balón colgado na área pequena ó que Portos chegou moi forzado pero coa forza suficiente para, ainda así, mandala ó traveseiro.DSC08890

Sen tempo para máis, o árbitro dou por finalizado o partido e os nosos, tan contentos.

Xogaron: Mateo, Roberto, Carabán Muras, Mika, Peri (Carlos), Rafa (Portos), Roni (Pedro), Lojo (Gustavo) e Osvaldo (Adrián).

Gol: Carabán