UN RECE SOLIDARIO

DSC09445SDC RECESENDE – ORTOÑO CF
Adiantamos o encontro ó SÁBADO con motivo da cea de navidade do equipo.
Un partido éste que será importante por doble motivo: un, no aspecto deportivo, porque queremos romper dunha vez a mala dinámica na que estamos metidos; e dous, no aspecto solidario, xa que parte da recaudación que saquemos vai a ir destinada ao NADAL SOLIDARIO que organiza o programa de voluntariado social do Concello de TEO.
O seguinte rival é o Ortoño, colista do campeonato pero que xa deu máis de un susto a algún dos equipos de arriba.
Esperamos por tanto unha boa entrada para animarnos e para colaborar con esta bonita acción que ten o propósito de captar fondos para a compra de xoguetes destinados a familias en dificultade social e á organización da cabalgata de reis.