S.D.C. RECESENDE 3 – 4 C.C.D. TARAGOÑA
Vinte minutos de pesadilla impedíronnos puntuar ante o Taragoña, que sufriu do lindo para sacar o partido adiante.
Cunhas condicións meteorolóxicas que nos puxeron moi complicado xogar o encontro, éste, que a priori parecía moi entretido, non nos defraudou e os xogadores brindáronnos un auténtico espectáculo en forma de goles e alternativas.
Xa na primeira xogada do encontro inaugurouse o marcador cun penalti trasformado polos visitantes tras sinalar o árbitro unha clara infracción de Mateo, 0-1. Facerse dono da posesión tal e como estaba o campo era complicado, pero sí os visitantes aproveitaron a nosa confusión por haber recibido un gol tan tempraneiro para ser eles quenes tiveran máis presencia en campo contrario. Esta situación durou ata aproximadamente os primeiros vinte minutos nos cales disfrutaron de un par de tiros desde fora da área que se marcharon desviados.
Tras estos primeiros compases, o Rece soltouse, perdeu o medo a encaixar e comezou a dar señales de vida en ataque, a través de Lojo que dispuxo dos nosos primeiros disparos: un por fora e o outro floxo ás mans do arqueiro. Ningún equipo disfrutaba de ocasións moi claras pero o estado do terreo de xogo provocaba a sensación de que en calquer momento podía haber calquer erro en defensa co seu consecuente disgusto.
Así, cando xa todos pensaban que o resultado non se movería ata o descanso, no 43 Lojo atopa un balón morto dentro da área e envíao ao fondo das redes con precisión facendo estéril a estirada do porteiro: 1-1.
A segunda metade comeza con gol, como na primeira, pero neste caso ó noso favor. A nosa xogada preferida: córner sacado por Rafa e alí aparece Carabán para adiantarse a todos de cabeza e poñernos en ventaxa: 2-1. O tanto encaixado espeliu ó rival e gozaron dunha clara oportunidade que tivo que sacara Mateo con apuros tras un duro disparo.
No minuto 58, de novo córner ó noso favor e Lojo consegue o doblete emulando a Carabán e cabeceando tamén ó fondo das redes: 3-1. Con esta diferencia , ós nosos quizais se relaxaron.
Tan sólo catro minutos despois os visitantes recortan diferencias cun balón peinado dentro da área que caza un rival de volea e fusila a Mateo, 3-2. Tras este gol, os nosos véñense abaixo e o Taragoña arriba. Puideron conseguir o empate nunha perda de balón nosa en zona complicada pero o intento de vaselina saiu por moi pouco por encima da portería.
No minuto 79 xa non fallaron e un novo balón colgado volveu evidenciar erros na marcaxe permitindo cabecear a un contrario con certa facilidade: 3-3.
A remontada culiminárona tan sólo 3 minutos despois onde, unha falta no noso campo sacada precipitádamente provocou un contrataque do Taragoña que terminou cun man a man e o 3-4 no taboleiro.
Nos últimos dez minutos o Rece sacou forzas e Portos enviou un disparo o travesaño e o árbitro anulou un gol a Carabán por falta ó porteiro cando inicialmente señalara o medio do campo indicando que o gol era legal.
Fin do encontro e nada que reclamar ós nosos que se tiveron que adaptar ás baixas, sobre todo en defensa, para disputar un difícil encontro que a piques estivemos de levalo.
Xogaron: Mateo, Cristóbal (Pedro), Carabán, Brais, Mika, Peri (Suso), Rafa, Lojo, Portos, Roni e Osvaldo.
Goles: Lojo (2) e Carabán.