TODOS SOMOS JOSÉ MANUEL

fotonoticia_20130919104521_800

Chámome José Manuel, e teño 8 anos.

Nacín cunha parálise cerebral que me ata a unha cadeira de rodas, sen embargo, existe unha operación e unha longa terapia, que me permitirá camiñar.

 

Se che parece, podes acompañarme neste camiño que comezo hoxe, cando te des conta estaremos camiñando da man.

Así comeza a historia deste rapaz de Vedra ao cal o Recesende quere axudar a conseguir que poida andar. Son varias as iniciativas que levaremos e estamos levando a cabo:

– Tres puntos de recollida de tapóns de plástico: a Taberna de Recesende, o Viveiro da Póboa e a Cantina de Recesende.

– Venta de pulseras: por un 1€ podes conseguir a pulseira roxiblanca ou tamén pulseiras doutras cores. O recaudado, para José Manuel.

– Partido benéfico: o 20 de outubro, día que xogamos na casa frente o Furia, o 50% da recaudación será destinada directamente a costear a operación de José Manuel.

Se precisas mais información ou tamén queres axudar, visita http://todosconjm.wordpress.com