A FALTA DE PUNTERÍA IMPÍDENOS SUMAR TRES PUNTOS
A mala sorte de cara a portería estase a converter nun factor decisivo, na nosa contra, que nos está lastrando nestes últimos tres partidos e pouco a pouco estámonos acercando de novo os postos de descenso. Neste partido frente ao Queiruga, é verdade que na primeira parte as ocasións máis claras que tivemos, convertímolas en gol; pero na segunda, as ocasións falladas foron escandalosas.
Nun dos campos máis pequenos da categoría, pensabamos que o partido se ía a desenvolver con moito xogo aéreo; pero para nada. O Queiruga plantexou un partido intentando sair co balón xogado dende atrás pero tamén aproveitaron a rapidez dos seus dianteiros con balóns largos. Pola nosa parte, costounos amoldarnos ás estreitas dimensións do campo e o equipo, na primeira parte, estivo moi descompensado, perdendo o sitio con facilidade e con poucas axudas á defensa.
Rápido se adiantaron os locais no marcador nun contragolpe no minuto 12, 1-0. A nosa reacción non se fixo esperar e na seguinte xogada, no minuto 13, Alex colle o balón en banda, vaise do seu marcador e pon un centro no segundo pao para que Rafa, sen deixar botar o balón, o mande ás redes. 1-1.
Co empate no marcador, o partido era coma se volvera comezar. O Queiruga era quen de controlar mellor o partido debido a que lle deixabamos moito espacio aos seus xogadores do medio e éstes eran quen de mover ao seu equipo con certa facilidade.
Nun fallo de concentración, chegou o segundo gol para o Queiruga: minuto 26, balón nomedio do campo para un xogador da defensa local quen supera a primeira liña de presión e se lle concede un pasillo sen apenas oposición ata cerca da nosa área e asiste ao dianteiro quen, libre de marca, encara a Marcial e consigue o 2-1. A partir deste gol, Suso decide intercambiar a posición de Muras e Carliños pasando éste a colocarse diante dos centrais para darlles axuda e evitar superioridades. Nos seguintes minutos, logramos controlar máis o balón pero sen apenas ocasións ata que, cerca do descanso, no minuto 41, chegou o golazo de Rafa. Balón raso que se encontra no vértice da área e que coloca na escadra, soprprendendo ó porteiro; doblete de Rafa e 2-2.
Fin da primeira parte e xogadores camiño dos vestiarios para oir ao mister e solucionar os desaxustes do equipo.
Saímos a segunda metade con outra mentalidade, presionando arriba e gañando balóns en medio do campo gracias a estar máis encima dos xogadores contrarios. Ademáis, comezamos a aproveitar os espacios ás costas dos laterais rivais e así foi cómo Alex conseguía unha e outra vez chegar con peligro e desfrutou de ata tres ocasións clarísimas de gol que non foi quen de aproveitar. A primeira, un rexeite que se encontra coa portería toda para él e no que o disparo lle sae moi centrado, logrando o porteiro despexar o tiro; a segunda, outro rexeite que se encontra dentro da área e o seu tiro volvelle sair centrado, repetíndose o despexe do porteiro; a terceira, man a man co porteiro ao que intenta regatear e escórase demasiado, quedándolle únicamente a opción do pase atrás para Gabi, que logra o disparo pero váiselle por arriba da portería por centímetros. O público non era quen de creer o que estaba a ver, pero as ocasións claras aínda non remataran e o porteiro visitante convertíase novamente en protagonista ao lograr parar un remate de Lojo en boca de gol.
Como nos pasou en partidos anteriores, quen perdoa acabaas pagando. Minuto 83, xogada aillada en banda para o Queiruga que poñen o centro e un xogador deles logra poñer o 3-2 de cabeza. Era incrible, íamos volver a perder un partido no cal tiveramos ocasións de sobra para ir gañando… perooo sorpresa, porque no minuto 87 apareceu Tubío para posiblemente meter o gol da xornada cun tremendo disparo dende fora da área por toda a escadra da portería. Impresionante disparo a bote pronto con todo un balón “Mikasa”.
Co empate a 3 no marcador, o árbitro deu por finalizado o encontro. Os nosos xogadores íanse cun contraste de sensacions: contentos por conseguir un punto nos minutos finais, pero tamén tristes por non ser quen de aproveitar as ocasións anteriores ao 3-2.
Xogaron: Marcial, Adrián, Nacho, Carabán, Gustavo, Muras (Tubío), Mika (Gabi), Carliños, Lojo, Alex (Roni), Rafa (Raúl)
Goles: Rafa (2) e Tubío.