COPA DE TEO

A liga tómase dúas semanas de descanso, pero o fútbol continúa para o Recesende. Este 28 e 29 de decembro disputamos a Copa do Concello de Teo xunto co Praiña, o Rarís, o Calo e o Cacheiras.
O esquema da Copa será o seguinte: o sábado xóganse as semifinais no campo da Cañoteira: na primeira, enfrontámonos ao Praiña; a outra semifinal é un triangular entre os equipos restantes. Xa o domingo, ás 16:30 (tamén na Cañoteira) terá lugar a final entre os gañadores das semifinais.

COPA