UN PARTIDO FLOXO DO RECESENDE PROPICIA A PÉRDIDA DE TRES PUNTOS IMPORTANTES.
En liñas xerais, o equipo estivo bastante apagado, sen ideas, agarrotado, faltándolle frescura para chegar arriba con claridade. Así e todo tivemos opcións claras para empatar o partido pero non fomos finos de cara a gol.
Os primeiros 15 minutos foron totalmente para os locais que estaban mellor asentados no campo, xogaban tranquilos e intentaban sair co balón xogado. Nos limitabámonos a esperalos e a correr detrás deles sin ser capaces a roubar balóns e sair rápido. Abusamos de balóns aéreos ás bandas e éstes, unha vez botaban, saían disparados debido a que o campo estaba mollado, o que facía imposible que os nosos extremos chegaran. O único gol do partido chegou arredor do minuto 20, nun pase en largo que o dianteiro controlou entre dous defensas nosos e batía a Diego. Fallo de non apretar ao xogador que deu o pase e de darlle ao dianteiro tanto espacio e tempo para controlar e preparar o disparo. A partir do gol, o Rece parecía que quería despertar e meteulle algo máis de intensidade o xogo e conseguía ter máis a posesión do balón, aínda que non eramos quen de chegar con perigo. En toda a primeira parte sólo un disparo a portería que acabou cun paradón do porteiro local tras un remate de cabeza de Carabán que se colaba na portería pero o porteiro respondía cunha bonita palomita.
Nos primeiros 45 minutos, o gol e máis esta ocasión de Carabán foi o bagaxe ofensivo dos dous equipos.
Tralo paso por vestiarios, o partido continuou coma terminaba a primeira parte, co Rece un pouco máis arriba e buscando o gol do empate, pero cun Taragoña que non renunciaba ao ataque tampouco. Conseguimos que Lojo e Alex, os nosos xogadores de banda, tocaran máis o balón e intentaban encarar o seu defensor. Foi así como chegou a gran ocasión nas botas de Alex, que se escapou en velocidade da marcaxe e plantouse sólo diante do porteiro que de novo evitaba o gol tapando o tiro de Alex no man a man.
Despois desta ocasión, o Taragoña frenou o noso ímpetu tratando de manter máis o balón e de frear o ritmo do partido con cambios. Conseguiron ese obxectivo e gozaron de algunha ocasión para aumentar a diferencia no marcador. Nos últimos minutos do partido volvimos a ter outra oportunidade cun remate de cabeza de Jhoni que chapou o porteiro. Foi nesta xogada donde o mesmo Jhoni acabou sendo expulsado por ir disputar o balón co porteiro, unha vez que éste xa o tiña nas súas mans. Expulsión rigurosa. Xa con dez xogadores non conseguimos gozar de máis ocasións e o partido terminou.
A pesar do mal partido que fixemos, a conclusión positiva que se pode sacar é que a pesar de xogar mal, perfectamente poidemos sacar un punto de estar máis finos arriba.
Xogaron: Diego, Jhoni, Carabán, Adrián (Mario), Nacho (Gustavo), Muras, Carlos, Mika (Munín), Lojo, Alex e Raúl.