SP.C. PRAIÑA – S.D.C. RECESENDE (CAMPO DA CAÑOTEIRA)

port

SP.C. PRAIÑA – S.D.C. RECESENDE (Campo de A Cañoteira)
Un dos clásicos do Concello de Teo terá lugar esta tarde no campo de Cacheiras. Enfrontámonos dúas das sorpresas da liga, dous recién ascendidos que están ocupando altos lugares na clasificación.
O Praiña, en postos de ascenso directo, está realizando unha formidabe campaña. A súa solidez defensiva (equipo menos goleado) é a seña máis salientable deste plantel que dende xa fai moitas xornadas está na loita por ese segundo posto. Presenta os seguintes números: 11 partidos gañados, 4 empatados e 7 encontros perdidos, sumno un total de 35 goles a favor e sólo 21 en contra (recibe menos de 1 gol por partido). Nos últimos tres partidos, sumou unha vitoria e dúas derrotas.
O Recesende atópase no mellor momento da tempada, ocupando o sexto lugar e a catro puntos do Praiña. Nesta segunda volta sólo deixou de sumar nun partido e gañou os catro restantes. 10 partidos gañados, 3 empatados e 9 perdidos é o seu bañance. Ademáis anotou 45 dianas (segundo equipo máis goleado) e recibeu 38 goles.
Temos varias baixas para este importante partido; o mister non poderá contar con Carliños, Mario, Diego nin Eloi.
Recordade que a cita é no campo da Cañoteira (Cacheiras) as 16:30!!
VAMOS RECESENDE!