A xornada 26 desta segunda rexional lévanos a visitar Sálvora, no concello de Ribeira. Este equipo está facer unha gran labor xa que ocupa a segunda posición que da dereito a xogar a promoción polo ascenso. Nos estamos a tan sólo cinco puntos deles, co que se voltamos cos tres puntos as diferencias recurtaríanse ata facerse mínimas. Para ocupar esa segunda posición, o Sálvora presenta os seguintes números: 12 partidos gañados, 8 empatados e 6 perdidos, marcando un total de 47 goles a favor e recibindo 43 tantos.
A tarea de conseguir un resultado positivo non será nada fácil xa que é un equipo moi fiable como local. Sólo perdeu un partido na casa (frente o Lesende) e empatou tres, o resto de partidos contaos coma victorias.
Máis difícil será si cabe se botamos unha ollada á nosa recua de baixas: ás xa coñecidas e duradeiras de Osvaldo e Munín, súmaselle a de Muras durante varias semanas, Nacho con problemas musculares, Mario con dolencias nos isquios e Lojo e Eloi que por distintos motivos non se saberá ata última hora se chegan a tempo.
Pero todo o equipo confía nos xogadores dispoñibles e estamos convencidos de que se eles o creen, podemos lograr un bo resultado. No partido de ida o marcador foi de 6-3 para os nosos intereses.