SÁLVORA C.F. 5 – 0 S.D.C. RECESENDE

CAM00090

AS AXUDAS ARBITRAIS AXUDAN AO SÁLVORA A GOLEARNOS

Indignados. Ese é o adxetivo que mellor definiría o sentir de cada un dos nosos xogadores e aficionados que se acercaron a ver esta actuación tan lamentable que tivo o señor colexiado. Hai veces que un se queixa dos árbitros e faino a sabendas de que non obrou con mala fe, que simplemento o colexiado non estivo acertado. Pero nesta ocasión, e difícil entender as súas decisións senón o fas partindo da base de que o seu arbitraxe estaba influenciado, que non era imparcial. Foi tanta a impotencia que sufrimos, que na segunda parte plantexámonos o feito de abandonar o campo. A gota que colmou o vaso foi no minuto 75 cando se inventa un penalti que sólo veu él e expulsa a Jhoni; ante esto, o noso porteiro Diego séntase no medio da portería e permíte que o xogador rival tire o penalti sen oposición.

Con esto non estamos desmerecendo a vitoria do Sálvora que posiblemente, e aínda que xogou nunha inxusta superioridade numérica, foi superior a nos. Sólo pedimos que a Federación comeze a tomar cartas no asunto e investigue que é o que pasa ou a qué se deben certas actuacións arbitrais. Non estou falando sólo de erros que nos perxudican a nós, o Recesende, senón que foi máis dun xogador de varios equipos da liga que xa nos avisaran que o arbitraxe no campo do Sálvora ía a ser un factor que actuaría na nosa contra.

Vamos ao partido en sí. Trala vitoria in extremis do domingo pasado, ésta era unha boa oportunidade de volver a asomarse aos postos de arriba pero para eso había que sair enchufados e con moita tensión dende o primeiro minuto, e non o fixemos. O feito de que estábamos moi imprecisos e que o Sálvora entrou no partido moi metido e con moita movilidade, fixo que o 1-0 o lograran no minuto 2, tras un auténtico xogadón no que participou case medio equipo tocando o balón o primeiro toque e que acabou nun penalti cometido por Carabán dentro da área e o conseguinte gol. Tras ser preguntado, Carabán negou que fixera penalti pero hai que decir que dende a grada sí que deu a impresión de que fora.

CAM00089

Tralo gol, parece que fomos espabilando e o medio empezou a coller máis balóns. Non pasaran cinco minutos do penalti e o árbitro non pita unhas claras mans do porteiro rival fora da área. Acto seguido, un xogador rival corta un pase coa man e cando o árbitro pita a falta e colle a tarxeta do seu bolsillo para mostrala, nos sacamos rápido a falta sen acordarnos que había que esperar a que pitara. ¿Qué fixo o árbitro? pois da validez ó saque da falta e garda a tarxeta sen mostrala. Non podiamos creer o que acababa de ocurrir. Entre esto e un par de faltasa claras que non nos concedera, xa sabíamos que o íamos a ter moi jodido.

Pouco a pouco Alex foi entrando en xogo e chegando co balón ata liña de fondo nun par de veces. Roni tamén puido sacar máis rentabilidade nun balón que roubou en medio campo e que se plantou na área, pero cando encarou o último rival xa foi superado. Eles tiveron unha boa ocasión logo dunha falta directa que saiu rozando o pao.CAM00090

No minuto 30 chegou o escándalo. Alex vaise sólo por banda e é agarrado coas duas mans por un xogador do Sálvora impedíndolle continuar. Tras esta acción Alex e o rival encáranse e hai un par de empuxóns MUTUOS ata que son separados. O árbitro enséñalle a roxa directa a Alex e amarela ao rival. Coa boca aberta nos quedamos sen ser capaces a articular palabra. Era algo surrealista; é dicir que ao noso xogador por facer a misma acción é sancionado con tarxeta roxa e o rival, que a maiores fora o que fixera o agarrón, sólo ve unha amarela.

Intentamos seguir metidos no partido cun xogador menos pero era tarea difícil. Ademáis na xogada seguinte Adrián tivo que ser subsituido por mor dunha lesión. No minuto 40 chegou o 2-0 tras unha falta lateral que Jhoni desvía e despista a Diego. Él non quería.CAM00091

O partido poñíase coma a famosa película “Misión Imposible” pero protagonizada polo home do pito. De aquí ó descanso destacar un corte de balón de Carabán que se foi por banda de dous defensores e o seu pase da morte foi desviado a corner e unha clara oportunidade do Sálvora que se marchou fora por pouco.

A segunda parte comezou con dominio noso, a pesar da inferioridade. Pero este dominio foise diluindo e terminou no minuto 55 cando chegou o 3-0 nun remate de cabeza tras outra falta lateral. Faltaba máis de media hora e xa estábamos a desear que se terminara o partido e máis vendo o que faltaba por suceder. Roni tivo unha boa oportunidade pero o seu tiro petou nun defensor e desbratou a xogada. No minuto 70 foi o 4-0 tras un balón en largo ao dianteiro que supera a Diego e marca a placer.

CAM00092

Cando pensábamos que o árbitro xa terminara co seu recital de erros, sorpresa! aínda tiña un gardado na recámara. Invéntase un penalti a favor do Sálvora e expulsa a Jhoni por tal penalti; 5-0. Con 9 xogadores aguantamos os 15 minutos que restaban para o fin do partido, nos cales Rafa tivo que retirarse tamén lesionado e Raúl máis do mesmo sólo que tivo que quedar no campo ao agotar as substitucións.

Fin do partido. En situacións coma estas o recomendado é olvidarse canto antes e pensar no seguinte partido na casa, pero tememos que esta actuacion do colexiado vai ser moi difícil de quitar das nosas cabezas.

Xogaron: Diego, Adrián (Eloi), Gus, Carabán, Jhoni, Carlos, Mika, Raúl, Alex, Roni (Tubío) e Rafa (Osvaldo).