PALMEIRA S.H. 1 – 0 S.D.C. RECESENDE

IMG_0900

UNHA MALA SEGUNDA PARTE PONLLE DE CARA O TRIUNFO Ó PALMEIRA

A sabendas de que o Palmeira ía ir a por todas dende o principio xa que só lle valía ganar, saímos bastante metidos no encontro, a diferencia de partidos anteriores. A pesar disto, nos primeiros instantes eran os locais os que crearon perigo sobre todo pola súa banda izquierda, aproveitando a velocidade do seu interior e dándolle moito traballo a Jhoni. A primeira ocasion clara de gol foi para nos cunha xogada de Roni que culminou cun tiro dende o vértice da área e que se marchou moi cerca da escadra. O partido estaba bastante equilibrado e era moi vistoso para os aficionados xa que as chegadas eran constantes en ambas áreas.

A primeira gran ocasión do Palmeira chegou nunha xogada por banda dereita e cun centro que Diego logrou sacar in-extremis, cando o dianteiro xa se dispoñía a empuxar o balón. A choiva caida sobre o terreo de xogo facía que éste estivese moi rápido e nos obligara a ámbolos dous equipos a facer uns controles moi precisos para non pasar apuros. Co paso dos minutos o Palmeira meteulle unha marcha máis e comezou a apretarnos máis e chegar cada vez con máis perigo. Sen embargo, cando máis estaban os locais merecendo o gol, chegou unha formidable oportunidade para Osvaldo: primeiro nun man a man que despexa o porteiro e logo no rexeite que salva un defensa case baixo os paos. No saque de esquina consecuente desta xogada, Rafa non foi quen de colocar ben o corpo para rematar un balón que lle caeu dentro da área, libre de oposición.

IMG_0908

Todas estas ocasións tiveron lugar nos primeiros 20 minutos, pero a partir de aí o partido mudou e volveuse moi espeso, perdéndose o protagonismo do xogo polas bandas, pasando a guerra ao medio do campo e desaparecendo o perigo nas áreas. O único destacable ata o descanso foi un posible penalti cometido sobre Osvaldo no minuto 37 que o arbitro non decretou como tal.

O paso por vestiarios non nos sentou nada ben e na segunda parte botamos a baixo todo o traballado durante o primeiro período. O partido seguía sen ritmo, continuando coa tónica dos minutos finais da primeira parte, pero sí que era o Palmeira quen tiña o control e levaba a iniciativa. Tras varias chegadas sen moito perigo para eles, no minuto 60 tivo lugar unha xogada moi potestada polos locais tras unha ocasión na que por dúas veces sacamos o balón debaixo dos paos e na que pedían que o balón entrara totalmente na segunda vez que despexamos o esférico.

IMG_0894

No minuto 65, chegou o único gol do Palmeira tras un balón en largo ó número 7 quen supera cunha vaselina precisa a Diego na súa saída. Este gol, lexos de facernos reaccionar aínda nos fundeu un pouco máis xa que nos seguintes minutos seguían a ser eles os que mandaban e os que merecían aumentar a ventaxa. Non eramos quen a xogar o balón por abaixo e cando o facíamos, sempre eran con pases hacia atrás.

O partido chegaba ó seu fin e no desconto tivemos dúas ocasións moi claras para conseguir o empate. Primeiro nun balón que Gus se encontrou só diante do porteiro e que non soupo definir e logo nun tiro de Carliños dende fora da área que o porteiro despexou con moitos apuros.

IMG_0901

Fin do partido e os nosos que saían do campo enfadados tras a mala segunda parte feita que lles supuxo deixarse tres puntos.

Xogaron: Diego, Jhoni, Raúl, Eloi (Gabi), Gus, Carliños, Mika, Tubío, Roni, Rafa e Osvaldo.

Para a semana toca partido na casa frente ó Urdilde e esperemos ir recuperando efectivos, xa que hoxe só contabamos con 13 xogadores (incluidos dous porteiros).