QUE SE ACABE A LIGA XA … E QUE NOS SALVEMOS
A mala racha de resultados e xogo do Rece continua e onte volveuse a dar outra mostra delo. Como xa pasou en Palmeira a semana pasada, o equipo mantivo o tipo durante a primeira metade e tivo serias opcións de irse co marcador a favor ao descanso; pero xa na segunda parte, o partido mudou por completo e sólo se presentou un equipo, o Urdilde, que foi quen lle botou o que había que botarlle para levarse os tres puntos. Estamos a tirar pola borda todo o traballo que fixemos durante a tempada e espérate que non nos levemos un disgusto ao final, xa que xogando sólo unha parte como o estamos a facer, non imos a conseguir gañar ningún dos cinco partidos que quedan para rematar a liga. Necesitamos que cada un reflexione acerca do que está a facer (mal) e faga algo por remedialo e esto consíguese indo a entrenar TODOS e a súa hora e apoiar aos compañeiros dende fora cando non se pode participar no partido… porque o contrario demostra FALTA DE COMPROMISO e desto, este ano, hai bastante lamentablemente.
Presentouse bastante público para ver o encontro na Devesiña, nunha tarde na que facía unha temperatura bastante agradable. O equipo estaba avisado de que neste partido, ou iamos con forza a polo alón sen meo a meter o pé, ou estábamos perdidos. Nos primeiros minutos o Rece saiu ben, gañando balóns de cabeza en medio campo nos saques de portería, algo que non se conseguía nos últimos encontros. Buscamos con insistencia a banda esquerda de Rafa e éste conseguiu poñer balóns tanto a Raúl coma a Gabi pero se moito perigo. O Urdilde mostrábase contundente tanto atrás coma no medio e co paso dos minutos ia gañándonos en intensidade.
Non houbo moitas ocasións e os nosos únicos acercamentos proviñan de numerosos saques de esquina e faltas laterais que non encontraron nunca rematador. Tivemos unha ocasión moi clara antes do primeiro gol nunha boa xogada de Gabi que arrancou dende a banda hacia o medio e sirveulle un balón ó espacio para Rafa quen, ante a saída do porteiro, intentou superalo por alto pero o balón deu un bote e pasou por encima da portería. Adiantámonos no marcador no minuto 25, nunha volea de Carliños coa súa perna mala dende fora da área que sorprendeu ó porteiro: 1-0. Tras este gol sabiamos que tiñamos que estar tranquilos e intentar aguantar a ventaxa ata o descanso para que lle entraran as prisas ao rival e aproveitarnos ao contragolpe. Pero esto non ocurreu, e tan sólo dous minutos despois, unha falta lateral para o Urdilde lanzada a media altura non tocaba en nadie e superaba a Marcial: 1-1. Volta a empezar. Este gol deixounos tocados e notouse xa que dende este momento comenzou a mostrarse o dominio do Urdilde, non en ocasións pero si en dominio e posesión. Poidemos ir ao descanso con ventaxa nun xogadón de Raúl por banda que despois de deixar a trás a dous rivais, o seu pase da morte pillou a Gabi a contrapé e o remate saiulle defectuoso. Con esta ocasión, chegamos ó descanso.
Na segunda parte, o Urdilde saíu a polo partido mentres que nos, a velas vir. Gañaban todos os balóns divididos, estaban ben colocados e os rexeites sempre para eles, conseguían situacións favorables de dous contra un… O gol era previsible e foi no minuto 60 cando chegou. Unha falta colgada dende o medio do campo foi peinada por un xogador rival no punto de penalti e colase na portería: 1-2. O partido tiña moi mala pinta para os nosos interesese máis cando no minuto 63, o Urdilde pillanos descolocados e consegue o 1-3 cunha vaselina dende fora da área.
Aínda que tras este gol pasamos a defensa de tres e sumamos un home ó ataque, non conseguimos crear o perigo desexado e o partido xa parecía resolto. No minto 83 chegou a puntilla cun tiro dende case o medio do campo que de novo superaba a Marcial: 1-4. Uns minutos despois, Roni era expulsado por doble amarela tras protestar un posible penalti.
Destacar ó noso xogador Raúl que fixo un auténtico partidazo sen parar de correr e recuperar balóns en ataque durante todo o partido. Un exemplo de garra e orgullo.
Xogaron: Marcial, Jhoni (Osvaldo), Gustavo, Eloi, Carabán, Lojo Carlos, Mika, Gabi, Rafa (Roni) e Raúl.