
A CONTRACORRENTE
Nun partido no que tivemos que remontar en dúas ocasións, conseguimos sacar un punto que, visto os demáis resultados, pode ser moi valioso en vistas a certificar a permanencia. Hai que recordar que son tres os equipos que descenden seguros pero hai que ter en conta os arrastres e nese caso poden ser ata cinco descensos.
O partido comezou da peor maneira posible. No minuto 3, unha rapida xogada dos locais colleunos descolocados e rematou nunha vaselina a Diego e co 1-0 no marcador. Non houbo reacción nos seguintes minutos e quedamos moi tocados con ese gol tan tempraneiro. O Vea impoñíase en todas as líneas e, sin crear perigo, si que daba a sensación de ter o partido dominado. No minuto 15, chegou o 2-0 tras un remate dentro da área case a bocaxarro. O partido poñíase moi difícil e máis vendo que non éramos quen de gañar un balón dividido nin crear ocasións.
Tras este segundo gol, o partido non cambiou. O Vea seguía ben colocado no campo, entrando forte e sen correr ningún risco. Nos intentábamos xogar coas bandas, pero cando o balón chegaba ós extremos, éstes atopábanse moi sólos, coa unica opción de buscar a xogada persoal. O noso primeiro tiro chegou no minuto 35, nunha xogada na que Mika se atopou un balón dentro da área e enfrente unha portería defendida por dous defensas contrarios, xa que o porteiro saíra a intentar cortar a xogada, pero Mika optou por buscar a escadra e o tiro saiu por encima da portería; unha ocasión inmellorable para recortar distancias. Parece que esta ocasión nos espabilou e a partir de esta xogada o equipo foi outro. A defensa deu dous pasos para adiante e o equipo xogou máis compacto conseguindo gañar a maioría dos balóns sacados dende a portería do Vea, algo que non fixeramos ata daquela.
Este cambio de xogo e de actitude tivo a súa recompensa cun gol no minuto 44, obra de Carabán que rematou de cabeza un balón colgado: 2-1. E asi nos fomos ao descanso, convencidos de que podíamos sacar algo positivo se seguíamos co ritmo destes últimos minutos. Pero para eso había que apretar dende o inicio da segunda parte, sen deixar respirar ó rival.
E así foi como se fixo. Pouco tardamos en empatar o encontro. No minuto 48, falta ao noso favor que é executada por Osvaldo cun disparo forte e colocado dende 7-8 metros fora da área e que se colou nas redes: 2-2. Tralo gol, baixamos un pouco o ritmo e relaxámonos. Se ben tiñamos a posesion do balón, non lograbamos conectar coa xente de arriba e comezamos a fallar pases bastante claros. Ata o minuto 75, o partido foi bastante aburrido.
O Vea volveuse a poñer por diante no minuto 76, cando un contragolpe tras un balon roubado en medio campo finalizaba cun man a man solventado polo dianteiro que metía o balón entre as pernas de Diego: 3-2. Tocaba ir para arriba con todo e conseguimos empatar no minuto 79 de novo coa cabeza de Carabán coma protagonista ao engachar un rexeite da defensa: 3-3.
Tal como sucedera tras o primeiro tanto noso, este gol deunos alas e tivemos varias oportunidades para levarnos o encontro, as máis claras nas botas de Osvaldo. Pero non houbo acerto e o partido rematou con un punto para cada equipo.
Xogaron: Diego, Gabi, Gus, Eloi, Carabán, Carlos, Tubío, Mika, Raúl, Rafa e Osvaldo.
Goles: Osvaldo e Carabán (2)