S.D.C. RECESENDE 1 – 1 S.D. CACHEIRAS

IMG_1002

A RELAXACIÓN PASOUNOS FACTURA E FÍXONOS PERDER DOUS PUNTOS

Un partido que tiñamos gañado foise ao garete cunha segunda parte bastante pésima pola nosa parte. A excesiva relaxación fixo que non se notara que o Cacheiras xogara en inferioridade xa desde a primeira parte e permitiulle que nos empatara nos últimos minutos.

Foi un partido bastante aburrido, sen apenas ocasións de gol para ningún equipo e no cal a guerra xogouse no medio do campo. Nos saimos bastante intensos, gañando moitos balóns aéreos e segundas xogadas. Pronto se nos puxo o partido de cara, tras un saque de esquina que foi rematado por Eloi ás redes; minuto 3, 1-0. Con este resultado, nos seguimos ó noso e non demos un paso atrás, algo do que sí sufrimos na segunda parte. A pesar do gol recibido o Cacheiras non se volcou a buscar o empate e decidiu esperar a que lle chegara a súa ocasión.

O encontro puido e debeu romper ó noso favor no minuto 40, cando o Cacheiras quedou con un home menos tras unha expulsión. Coa vantaxe no marcador e en superioridade numérica non soupemos ler o encontro e facelo noso cando tiñamos todas as condicións para eso. O partido chegou o descanso co marcador de 1-0.

Coas órdenes claras de non cometer erros e comezar aprentando arriba, saímos ó campo para retomar o partido pero saiu todo ó revés. O Cacheiras era quen dominaba, mentres que nos dedicabámonos a esperar que pasasen os minutos en vez de ir a búsqueda o gol que fixera sentenciar o encontro. Foi unha moi mala segunda parte e para mostra o dato de que non fumos capaces de tirar un só tiro a portería. Con este vagaxe, non mereciamos gañar o encontro.

O equipo deu varios pasos hacia atrás e esta situación foi aproveitada polo Cacheiras para rondar a nosa área, pero sen perigo. A pesar de que eran os visitantes os que dominaban, os nosos estaban tranquilos xa que non creaban ocasións e máis cando no minuto 78 se quedan con 9 xogadores por outra doble amarela.

No minuto 89 chegou o gol do empate logo dun rexeeite na área grande que foi aproveitado por un xogador rival para lanzar un golpeo cercando a escadra e facer que os nosos xogadores se quedaran con cara de parvos xa que vían como se lle estaba a ir un partido que tiñan gañado e que non souperon sentenciar.

Co 1-1 no marcaor, o partido chegou o seu fin, quedando os do Cacheiras contentos tras ese gol in-extremis.

Xogaron: Marcial, Jhoni, Raúl, Eloi (Gabi), Carabán, Muras, Carlos, Tubío, Roni (Munín) Lojo e Mika (Osvaldo).