C.D. ROIS 0 – 1 S.D.C. RECESENDE

1

UN GOL DE ALEX NA SEGUNDA PARTE PERMÍTENOS MANTER O RITMO COS EQUIPOS DE ARRIBA.

Conscientes da importancia deste partido, debido ós enfrentamentos directos, comezamos o partido coa intención principal de estar ben colocados e estar moi concentrados en defensa, xa que as baixas nesta posición están a ser o noso azote esta tempada. A este encontro viaxamos con 6 baixas das cales 5 eran defensas e, aínda por encima, Nacho (lateral) tiña que ser sustituido antes do descanso por problemas musculares…

5

A pesar destes inconvintes, durante toda a primeira parte o Rois non foi quen de superar á nosa zaga, que estivo ben axustada coa axuda do medio campo. A ocasión máis clara da que dispuxeron os locais no primeiro período foi nunha falta lateral na que o balón que se paseou pola área pequena sen que, por sorte, ningún xogador rival fora quen de empuxalo. Antes de esta xogada, o Rois pediu penalti por unhas mans involuntarias de Rafa.

9

Durante os primeiros 45 minutos, o Rois adicouse a esperar no seu campo e sair rápido á contra. Nos tratamos sempre de empezar todas as xogadas dende a defensa para rápidamente buscar os homes do medio, pero era neste momento cando o Rois comezaba a presión e faltounos máis movilidade entre líneas, abusando así de balóns largos ás bandas, os cales non deron os frutos desexados.

2

A oportunidade máis clara da que dispuxemos foi nunha desmarque de Alex hacia o medio, supera ó porteiro pero xa algo desequilibrado non é quen de meter o balón entre os tres paos debido en parte a presión de dous defensores.  Rafa tamén tivo a súa chance nun libre directo na frontal da área, pero o seu disparo ó pao do porteiro foi detido por éste. A primeira parte chegaba ó seu fin e o único criticable ó equipo era ter máis paciencia na hora de elaborar as xogadas.

A segunda parte foi moi distinta. Se na primeira o ritmo foi pausado e cos dous equipos sen tomar riscos, tras o paso por vestiarios o encontro descontrolouse e o raro foi que sólo se vira un gol.

Nada máis dar inicio os segundo 45 minutos, Alex vaise por banda, chega a línea de fondo e pon un centro ao que non chega Portos por escasos centímetros. Esta ocasión era un aviso de por donde íamos crear perigo xa que Alex estivo, esta vez si, moi activo e volveu a recordar ó da tempada pasada. Así, no minuto 50, rapida recuperación, balón que recolle Mika e lle pon un balón ao propio Alex que supera ó porteiro cunha precisa vaselina: 0-1.

10

Co gol en contra, o Rois estaba obrigado a apretarnos un pouco máis arriba e esta situación fixo que non sacáramos o balón fácil desde atrás pero, polo contrario, deixáronos máis espacio no medio do campo e así conseguimos ter máis posesión e libertade para crear perigo en ataque.

Foron varias as ocasións que tivemos para chegar ós minutos finais máis tranquilos, pero non estivemos afinados de cara a gol. Muras, tras un saque de esquina, tocou un balón no primeiro pao que sacou con moitos apuros o porteiro rival. Sebas non golpeou ben o balón, nunha xogada na que quedou man a man co porteiro . Roni probou sorte cun lanzamento de falta que logrou despexar o porteiro, quedando o balón morto na área pequena pero sin encontrar rematador. Unha volea de Alex, con todo a favor, golpeou na espalda dun defensor e o balón foi a corner…

3

6

Pola súa parte o Rois tamén tivo as súas para empatar o encontro, especialmente nos minutos finais, pero aí foi cando surxiu a figura de Luis para evitar que as intentonas locais tiveran éxito. Dous disparos moi perigosos dende fóra da área foron sacados con sendas boas estiradas e nas xogadas a balón parado, mostrouse moi confiado e seguro, saíndo forte e sin medo para facer súa a área pequena.

7

Logramos frenar o ímpetu local e levarnos os tres puntos para Recesende se continuar así con esta boa racha, con 10 puntos conseguidos dos últimos 12 en xogo e situarnos así na cuarta posición.

Xogaron: Luis, Nacho (Roni), Muras, Jusepe, Munín, Carlos, Mika (Suso), Raúl, Rafa (Ortoño), Alex  e Portos (Sebas)

Goles: Alex