S.D.C. RECESENDE 2 – 0 PORTO DO SON C.F.

10

O RECESENDE DOBLEGA Ó PORTO DO SON NO MELLOR PARTIDO NO QUE VAI DE TEMPADA

Cun terreo de xogo en malas condicións debido á choiva caida nas horas previas, os xogadores do Rece non decepcionaron e desplegaron o seu mellor fútbol nun exemplo, de esforzo e ganas por e para conseguir a vitoria. Durante toda semana, o mister intentou concienciarnos da importancia deste partido se queríamos manter a ilusión de vernos outra semana máis nos postos de arriba e abofé que fixo efecto. As palabras de Suso no descanso resumen prefectamente o bo traballo que fixeron os seus homes: “Desde que cheguei a este equipo, é con diferencia o partido no que máis está aplaudindo e animando a grada. É o mellor partido voso que recordo”.

A mellor forma de comezar un encontro é marcando rápido e esto precisamente foi o que fixemos. Minuto 3, pase en largo de Muras hacia Alex, o defensa é sorprendido polo bote do balón e deixa ao noso xogador sólo diante do porteiro para batilo cun tiro raso e cruzado: 1-0.7

Lonxe de relaxarnos, metímoslle intensidade ó partido e fixemos nosa a posesión e o control do partido. O noso medio o campo fixo un partido de 10; Carlos, Mika e Rafa non pararon de correr durante os 90 minutos ofrecéndose en todo momento e estando cerca das xogadas. Rafa, por fin, está sendo ese xogador capaz de marcar a diferencia e cando está ben o equipo agradéceo. 2

O Porto do Son non nos iba a regalar o partido e tivo unha moi boa ocasión tamén nos primeiros compases do encontro nun desaxuste defensivo que deixou ao dianteiro visitante man a man con Luis, pero a súa definición marchouse alta.Tras este susto, tivemos unha serie de claras ocasións nas que non estivemos atinados: Sebas internouse na área e cando iba a encarar ó porteiro, a presión do defensa fixo que o seu tiro quedara moi floxo; Alex rematou de cabeza na área pequena ás mans do porteiro cando tiña toda a portería para él; Jusepe cabeceou o esférico tras un saque de esquina pero o balón volveu a parar ás mans do gardameta.

8

Cando transcurría a metade do primeiro tempo chegou a ocasión máis clara dos visitantes nunha internada pola dereita que termina co pase da morte sen que nadie poida rematar, o balón queda solto e, cando un xogador deles tiña todo de cara para disparar en condicións inmellorables non acerta a golpear o balón case inexplicablemente. A xogada continuou e rematou cun disparo dende a frontal que foi rechazado.6

Tras esta clarísima oportunidade, pedimos penalti por unhas mans dun defensa visitante dentro da área que cortaba un pase que deixaría a Mika sólo diante do meta.

Así se chegou ó fin dos primeiros 45 minutos, contentos polo traballo feito pero ca mosca detrás da orella por non conseguir irse a vestiarios con máis vantaxe.

A segunda parte foi máis do mismo pero cun xogo máis directo, aproveitando que o Porto do Son tiña que estirar liñas e dar un pase adiante. O noso segundo gol estivo a piques de chegar nunha bonita combinación entre Sebas e Roni que rematou cun disparo defectuoso deste último.

5

A pesar de que o Porto do Son pasou a xogar con dous homes en punta, a nosa defensa non estaba a pasar apuros, feito que facía que non precisabamos, polo momento, que un dos homes do medio dera un paso atrás para dar axudas. No minuto 66 conseguimos o 2-0, obra de Rafa (pichichi do equipo con este gol) tras aproveitar o rexeite dunha falta que él mesmo lanzou e batir ao porteiro cun forte disparo.3

Con dous goles de diferencia ao noso favor baixamos un pouco en concentración e o Porto do Son puido recortar diferencias. Primeiro nun tiro que salvou Luis case milagrosamente e logo nunha xogada na que o os visitantes pediron pena máxima polo derrubamento do seu dianteiro cando encaraba a nosa portería. 9

2-0, fin do partido e bo encontro dos nosos que seguen coa boa racha conseguindo 13 dos últimos 15 puntos en xogo.

Xogaron: Luis, Munín (Gus), Jusepe, Muras, Raúl, Carlos, Mika (Suso), Rafa, Roni (Portos), Alex e Sebas (Ortoño).

Goles: Alex e Rafa