C.D. DODRO 0 – 3 S.D.C. RECESENDE

9

UNHA IMPECABLE SEGUNDA PARTE FAI QUE O RECE VOLVA COS 3 PUNTOS PARA CASA

Chuviosa tarde a que nos esperaba hoxe en Dodro para presenciar un partido que a priori debía de ser moi intenso e igualado debido ós numeros de ambos equipos. A pesar do mal tempo, o terreo de xogo estaba rápido pero en perfectas condicións para a práctica do fútbol, polo que non había excusa para xogar mal.

A primeira parte estivo moi equilibrada en termos xerais, cos dous equipos sen prisa por chegar arriba e máis pendentes de non cometer erros en defensa e estar seguros. Sen embargo, sobre todo nos primeiros intres, algún balón en largo ás espaldas da nosa defensa creounos máis problemas dos que debían o que provocou que estivéramos un tanto intranquilos na zona de atrás. Co paso dos minutos, está situación mudou, e volvimos a parecernos a ese equipo que, co de hoxe, leva xa seis partidos coa súa portería a cero.8

As primeiras situacións de perigo foron a favor do Dodro con eses balóns en largo, donde destaca unha imprecisión e Luis e Muras que case deixa ó dianteiro rival coa porteria vacía. O Dodro deixábanos sair co balón xogado dende atrás e, unha vez os nosos medios tocaban o esférico, comezaban a presionar. Podíamos entón tocar sen agobio no noso campo a espera de movementos en ataque, pero estabamos un pouco espesos e sen a calma suficiente para sacar algo de proveito.

5

O xogo por bandas, unha vez máis, eran a nosa saida de escape para crear perigo. Alex tivo unha moi boa chegada polo seu lateral pero o seu centro-chut non encontrou nin rematador nin portería. A mesma situación a tiveron Roni e máis Raúl, o cal estivo bastante activo en ataque, pero os seus centros eran despexados unha e outra vez pola férrea defensa local. A ocasión máis clara da primeira metade veu precedida da mellor xogada que fixemos: sacamos o balón dende atrás por medio dos centrais, abrimos a Gustavo, éste toca de primeiras para Carlos que control e abre a Roni na outra banda, Roni deixa o balón de cara para Raúl que busca ó primeiro toque a Portos que, súa vez faille unha deixada co peito para Rafa quen, chegando desde a segunda línea saca un forte e raso disparo que envíou o arqueiro a corner con moitos apuros.

1

Antes do descanso, o Dodro tamén gozou dunha boa ocasión nun cabezazo tras a saída dun saque de esquina que marchou cerca do largueiro. Chegaba o momento de tomarse un respiro nos vestiarios, logo duns cuarenta e cinco minutos nos que os nosos se ían satisfeitos tralo demostrado no terreo.

10

A segunda parte comezou de forma inmellorable para os nosos intereses. Minuto 46, Portos recibe un balón no medio do campo, recibe unha tarascada pero é capaz de levarse o esférico, sortea a dous rivales cun regate e a un terceiro por velocidade para plantarse diante do porteiro e cando ainda tiña varios metros para avanzar, decide sorprender ó proteiro cun tiro raso moi axustado á cepa do poste. 0-13

Poucos minutos despois do gol e sen tempo para asimilalo, tivemos unha inmellorable oportunidade para aumentar a vantaxe cunha volea de Carlos que obrigou ó porteiro a voar para tocar o balón e éste acabara tocando no pao e paseándose pola liña de gol. O Dodro fixo por reaccionar rápido e comezou, pouco a pouco, a encerrarnos perigosamente cerca da nosa área e usar o seu xogo por bandas para facer centros, que eran ben despexados polos nosos xogadores.6

Si que eran os locais os donos do encontro, cos seus xogadores do medio movendo ao equipo, pero sólo eran capaces de crear perigo, con disparos dende fora da área que, para a nosa sorte, sairon todos moi centrados para que os chapara Luis. 7

Arredor do minuto 85 chegou o 0-2 e case a sentencia: saque de esquina executado por Rafa e rematado en primeira instancia por Gustavo, quedando o balón solto para que Carabán sólo a tivera que empuxar. Con este gol, Carabán xa suma 4 tantos e convértese en pichichi do equipo, todo un mérito sendo central.

O 0-3 chegou case no desconto e foi obra de Pedro, que debutaba tras o seu fichaxe nesta semana, e pódese decir que chegou e encheu. Gáñalle ás espaldas a defensa tras un balón en largo e, sen controlar o balón dende fora da área, lanza un bonito zurdazo en forma de vaselina que deixou ao porteiro rival clavado.

O partido chegou ó seu fin e o equipo que segue sumando importantes puntos e, sobre todo, dando unha imaxe completamente distinta á de Urdilde, especialmente en actitude. Destacamos tamén a volta por fin ó equipo de Lojo tras a súa dolorosa rotura do tabique nasal.4

Xogaron: Luis, Raúl, Gus, Muras, Carabán, Mika, Carlos (Eloi), Rafa (Pedro), Roni (Lojo), Alex e Portos (Ortoño).

Goles: Portos, Carabán e Pedro.