S.D.C. RECESENDE 2 – 1 SÁLVORA C.F.

IMG_1275UNHA PARTE PARA CADA EQUIPO

Un partido que poidemos deixar sentenciado no primeiro período con ata 4 ocasións moi claras de gol, complicóusenos nos segundos 45 minutos e tivemos a sorte de lograr o gol da vitoria no último suspiro de partido, cando o árbitro xa tiña decidido asubiar o final. Foi un encontro no que, sen chegar a haber trifulca nin tangana, a tensión, os nervios e as vellas rencillas derivadas da tempada pasada estaban presentes en todos os balóns divididos xa que os dous equipos iban ó balón con máis dureza do normal, eso sí, sen ir a facer dano.

A diferencia das dúas últimas xornadas, o Rece saiu moi metido sen deixar que o rival pensara cando tiña o balón nos pés e presionando o xusto para que perdera o balón con certa facilidade. Ás nosas xogadas por banda eran señal de perigo, cun Alex inspirado que acaparou gran parte do xogo ofensivo. Precisamente éste tivo as duas primeiras ocasións de gol: primeiro nun balón que gaña por velocidade e cando se está adentrando na área, un tanto escorado, lanza un duro disparo que o porteiro rexeita deixando o balón morto no punto de penalti ó que por moi pouco non chega Portos; a segunda oportunidade foi tras unha pase de Mika no que Alex se adianta ó porteiro, deixa a éste atrás, e cando sólo tiña que esquivar a un defensa para meter o gol na portería, o seu disparo bate no xogador rival…IMG_1294

Estabamos a dominar o encontro, creando ocasións e sen concedelas… pero faltábanos o gol. Turno de ocasións erradas para Portos: Rafa, tras unha xogada personal na que se vai de 3 contrarios, sírvelle un balón ao dianteiro que o deixaba nun claro man a man, pero o seu intento de vaselina foise desviado; máis tarde era Roni o asistía de novo a Portos e o volvía deixar man a man e desta vez foi o porteiro o que salvou ós visitantes.IMG_1285

Rafa tamén tivo a súa chance nun lanzamento de falta que salvou o porteiro enviando o balón a córner. Chegando xa o término do primeiro tempo, chegaría por fin o gol. Bonita combinación entre Roni e Rafa, na cál este último se vai por velocidade en banda, entra na área, encara ó porteiro e marca gol cun tiro cruzado: 1-0.IMG_1271

A mellor oportunidade para o Sálvora chegou no minuto 45 nun tiro do seu interior que se marchou pegadiño a escadra. O resto de intentos deste equipo en minutos anteriores limitábanse a tiro dende fora da área sen perigo para Luis.

Fin do primeiro período e os nosos que encaraban os vestiarios contentos polo gol pero medio moscas á vez por errar as ocasións tan claras das que dispuxemos.

No segundo período todo cambiou. Nos demos un paso atrás, eles dous para adiante e fixo que nos acorralasen no noso campo. Ata o minuto 67, no que lograron o tanto do empate, o Sálvora foi o que tivo as ocasións e o merecemento de marcar. Non podemos destaca ningunha acción clara por parte de eles para empatar pero sí que estaban seguido rondando a área. A nos costábanos un mundo sacar o balón e cando o tiñamos, rápidamente o perdiamos debido a que estaban moi encima. Cada saque de banda o seu favor no noso campo, era case como un córner e creábanos moitos problemas.IMG_1280

O 1-1 chegou nunha xogada na que perdemos o balón cando estabamos saindo e o xogador rival, dende fora da área, lanza un bonito disparo que pilla a desmán a Luis e se cola na portería.IMG_1290

Tras este gol intentamos espabilar. Ofensivamente seguimos estando nulos pero polo menos, na parte defensiva logramos manter un pouco o orden e cerrámonos ben. Nos últimos 10 minutos fómonos para arriba. Disfrutamos dunha ocasión inmellorable: contragolpe levado por Pedro, que se planta diante do porteiro e cédelle o balón para que Ortoño marcara, pero estaba en posición de fora de xogo.IMG_1283

Cando mellor estabamos, sufrimos a expulsión de Mika por decirlle ó árbitro “non tes nin puta idea”, roxa directa. Era o minuto 88 e case que o empate podiamos dalo por bo, ainda que non nos encerramos atrás e mantivemos a ilusión de poder gañar. Asi foi cando no minuto 93, balón en largo que peina Ortoño e deixa sólo a Pedro para que cun preciso tiro raso ó pegadiño ó pao logre o gol que nos da os tres puntos. 2-1.

O árbitro deixa xogar 30 segundo máis e decreta o final dun encontro moi disputado.

Xogaron: Luis, Gustavo, Raúl, Eloi, Carabán, Muras, Mika, Rafa, Roni (Sebas), Alex (Pedro), Portos (Ortoño)

Goles: Rafa e PedroCAM00556