O RECESENDE FINIQUITA O PARTIDO NA PRIMEIRA PARTE
Catro goles na primeira media hora de xogo permítennos conseguir outra vitoria máis e seguir na quinta posición da táboa. O feito de lograr esta abultada vantaxe tan pronto provocou unha tempraneira relaxación que propiciou os dous goles visitantes.

O primeiro gol non foi visto polos impuntuales que se acercaron ó campo. Primeiro ataque e primeiro gol no minuto 1: xogada de Rafa pola banda dereita, fai un centro medido a perna cambiada e no segund pao aparece Lojo libre de marca para golpear o balon co interior ó fondo das redes. 1-0.
O fortísimo vento que soplaba na Devesiña estaba a ser o gran protagonista porque limitaba o xogo de ambos equipos. O Dodro intentaba recompoñerse tralo gol en contra, pero non encontraba o seu sitio no terreo, non estaba cómodo. Ata o minuto 11, ningún dos dous equipos se arrimou á area rival, pero o Rece neste minuto conseguía o segundo gol: ataque pola banda izquierda que termina cun centro raso de Carlos para que Portos aparezca entre o medio dos defensas e consiga empuxar o balón, 2-0.
O partido poñíasenos moi costa abaixo e maís cando na seguinte oportunidade, minuto 17, chegou un dos goles da xornada. Roubo de Carlos no medio do campo, vaise do último defensor cunha ruleta ó máis puro estilo Zidane e plántase sólo ante o porteiro a quén o engaña no seu disparo, 3-0.
Sólo uns minutos máis tarde do terceiro gol, chegou a xogada desafortunada do encontro na que un xogador visitante queda tendido no campo con signos evidentes de dolor no seu tobillo. O partido estivo parado varios minutos xa que non era quén de moverse e tivo que ser sacado do campo polos compañeiros. Desexamos que se recupere canto antes.
Co encontro xa reanudado o Rece sigueu ó seu, a gol por ocasión, mellor dito a golazo por ocasión. Minuto 33, Alex prende a moto no noso campo, vaise de 1,2,3.. ata 4 xogadores rivais, faille un autopase ó porteiro e empuxa o balón a placer!; 4-0.
Este gol fixo por fin reaccionar ó Dodro. Tomou as rendas do encontro, non lle quedaba outra xa que do contrario a goleada podía ser demoledora. Conseguiu recortar distancias e poñer o 4-1 no minuto 41 nunha falta que sacaron rápido e nos pillou descolocados, permitindo o seu dianteiro plantarse ante Rubén, que de primeiras aguantou fenomenal pero non puido facer nada cando deu o pase atrás e un compañeiro fixo un disparo pegado ó pao.

Os visitantes tiveron outra oportunidade nunha falta cercana a área pero Rubén blocou en dous tempo. A última ocasión estivo na cabeza de Raúl pero o seu cabezazo marchouse por moi pouco.
Chegou o descanso dun partido no que parecía que a segunda parte era innecesaria, o encontro parecía xa resolto para o Rece e eso que xogou todo o primeiro tempo co aire en contra.
A segunda parte foi tomada por ambos equipos con moita calma, como desexando que pasasen os minutos canto antes e chegara o final. Os nosos pecaron de falta de ambición xa que foron numerosas as veces nas que chegaban en superioridade numérica ás inmediacións rivais, sen estar certeiros á hora de acabar a xogada.
Lojo estivo a punto de marcar un gol olímpico senón fora polo porteiro que logrou despexar a tempo. Máis tarde estivo a punto de producirse o gol tonto da xornada, nunha defectuosa cesión rival que obligou ó porteiro a pegarse un longo sprint e tirarse ó suelo para evitar que o esférico acabara dentro da portería.
O partido iba chegando ó seu fin pero ainda quedou tempo para que Osvaldo disfrutara de tres ocasións: unha de carambola na que o porteiro saca, o balón bate no cú do propio Osvaldo e o balón sae a centímetros do pao; intento de vaselina no man a man que se vai desviada; remate acrobático que sae moi cerca da escadra.

No minuto 80 chega o definitivo tanto do partido, obra do dianteiro rival que controla de espaldas dentro da área e logra darse a volta para batir a Rubén por baixo, 4-2.
O partido non deu máis de si e o Recesende que segue cunha boa racha, sendo xa 6 o partidos sen perder.
Xogaron: Rubén, Roberto, Jusepe (Nacho), Carabán, Carlos, Mika, Raul, Alex (Ortoño), Lojo, Rafa e Portos (Osvaldo).
Goles: Lojo, Portos, Carlos e Alex.