FURIA A.C. – S.D.C. RECESENDE
Viaxamos a Pontecesures para enfrentarnos ó pechacancelas da clasificación, o Furia, equipo que de non conseguir gañar o encontro dirá adiós as súas complicadas opcións de conseguir a permanencia. Teremos diante, a priori, un rival que vai dar todo de sí dende o minuto un polo que, en caso de que non consigamos igualalos en intensidade, verémonos desbordados.
No partido de ida o resultado foi de empate a 1.