UNHA NOTABLE SEGUNDA PARTE PERMÍTENOS SEGUIR INVICTOS COMA LOCAIS
Volvemos a situarnos da metade da táboa para arriba despois dunha moi traballada victoria ante un equipo aguerrido que loitou durante todo o encontro. Unha parte para cada un, pero coa diferencia de que nós fomos máis efectivos de cara a portería.
Comezou o encontro cos dous equipos ben plantados no terreo. O Valiño mostrábase contundente atrás, colocado no medio do campo e con moita movilidade arriba onde casi todas as xogadas de ataque eran acaparadas polo seu hábil extremos izquierdo, que nos deu a tarde. O Rece intentaba xogar tanto cos dianteiros coma coas bandas, pero erraba a conexión entre medio e as citadas posicións.
Con todo, a primeira gran ocasión foi para nós nun centro ó segundo pao para Rafa que non viu chegar o balón que estaba tapado polo defensor. Foi minutos despois, nun saque de esquina cando nos puxemos por diante ó rematar Carabán no primeiro pao coa cabeza: 1-0 minuto 18.
Esta vantaxe durou pouco, xa que tan sólo cinco minutos despois, unha xogada por banda esquerda do Valiño na que nos faltou agresividade (ben entendida) para defendela, remataba cun home rival plantándose na área pequena e batindo a Luis: 1-1 minuto 23.
Os últimos vinte minutos da primeira metade foron para os visitantes, tanto en ocasións coma en xogo. A súa mellor chance para marcar foi nun balón morto na frontal da área que recolle un dos seus xogadores e o seu tiro marcha rozando o pao. Anticipábanse a todo, collían os rexeites, chegaban con efectivos á nosa área… estabamos desexando que chegara o descanso.
Na segunda parte adiantamos a defensa para intentar xogar no seu campo e crear ocasións, co risco de que nos meteran balóns á nosa espalda, situación que non sucedeu. Conseguimos o pretendido e pouco a pouco as ocasións ianse sucedendo.
Avisou primeiro Lojo cun disparo a bote pronto dentro da área que se marchou deviado. Máis tarde foi Pedro quen de cabeza enviou o balón bicando a escadra. E por fin, de novo Carabán, aproveitou un balón morto na área pequena para enviala ó fondo das redes: 2-1 minuto 74.
O Valiño tiña que irse arriba en busca do empate e case o consegue nunha rápida acción de ataque que deixou o seu dianteiro diante de Luis que saiu a taparlle obligándoo a que disparara pronto e o balón saira demasiado cruzado.
Sentenciou Osvaldo no minuto 88 tras unha saida do porteiro rival fora da área, quedando o balón propicio para unha vaselina e así a executou poñendo o definitivo 3-1.
Xogaron: Luis, Brais (Gustavo), Muras, Carabán, Roberto, Mika, Lojo, Roni (Pedro), Rafa (Peri), Portos e Osvaldo
Goles: Carabán (2) e Osvaldo.