Un Recesende superior durante moitos minutos do encontro, non atopou a fortuna do gol e terminou pagando en exceso a súa falta de puntería.
Moitos aficionados se acercaron a ver, como era de esperar, este intenso partido entre os dous equipos veciños. O Recesende tiña que poñer toda a carne no asador desde o minuto un para batir a un dos gallitos da categoría. Pero a pesar de que saimos moi mentalizados da importancia deste encontro, ás primeiras de cambio xa se nos puxeron as cousas difíciles.
Minuto 3, primeira xogada de ataque do Cacheiras e primeiro gol tras un tiro raso e cruzado que se colaba cerca do pao; 0-1. Tal e como é a nosa situación actual con varios partidos seguidos perdendo e un gol en contra na primeira xogada, non sería raro que o equipo baixara a cabeza e se viñera abaixo. Pero todo o contrario, os xogadores puxeron o mono de traballo e foron a buscar o gol do empate con ansia.
A partir deste tempraneiro tanto, collimos as rendas e comezamos pouco a pouco a acercarnos a súa zona de perigo. Antes de que comezara o carrusel de oportunidades, produciuse a peor noticia para nós, en forma de lesión de Roberto que parece que sufre unha grave lesión de rodilla á espera de próximas exploracións; todo o noso ánimo para él. O noso primeiro acercamento veu tras un saque de esquina no que aparece Jusepe para cabecear e mandar o balón moi cerca do poste. Tras este remate, foi o turno de roni que se meteu hacia dentro partindo dende a banda e seu tiro coa zurda apenas puido ser desviado polo porteiro rival tras estirarse para mandar o balón a un novo saque de esquina, que supuxo un claro remate de cabeza de Portos que volveu a chapar o meta.
Claramente estabamos a merecer o empate e non solo por ocasións senón tamén porque estábamos a dominar en todas as parcelas do campo. Minutos despois, Rafa chegaba a liña de fondo con rápidez e o seu perigoso centro era rematado desviado por Osvaldo cando tiña todo de cara para facer o empate. Era o momento de Rafa, que se cansou de correr a banda e poñer centros que poñían en apuros á defensa rival. Así chegamos ó descanso, coa impotencia de estar a facer as cousas ben pero sen premio.
O tempo de lecer foi un punto e seguido. Nos primeiros minutos da segunda parte a cousa seguía igual. Así, de novo Rafa, chegou a liña de fondo, meteuse hacia adentro e cando había varios pases da morte claros, o seu toque de balón íaselle moi arriba imposible para ningún dos compañeiros. A afición roxiblanca non daba crédito ás ocasións desperdiciadas e os do Cacheiras víanse un e outra vez superados e tocados por unha varita máxica. A nosa última gran oportunidade de facer o empate foi un remate de cabeza de Carabán que xa superara ó porteiro pero que marchou bicando o travesaño cando todos cantaban gol.
A partir do minuto 55, o encontro enfriouse beneficiando ós visitantes. Así, no 63, fixeron o 0-2 tras un remate dende fóra da área que superaraba á Mateo. Este sí que foi o momento que derrubou a esperanza dos nosos e os afastou da ilusión da remontada. O Cacheiras tras o gol pasou a controlar o xogo e así consigueu o 0-3 tras un contra que remataba nun remate no segundo pao e o 0-4 nnunha nova contra que despexaba Mateo en primeira instancia pero o balón rebotaba e entre Carabán e Lojo introducían o balon na rede.
Así foi como se xestou a cuarta derrota consecutiva do Recesende. Unha situación que, sin chegar a ser alarmante, sí que preocupa. Ainda que sacando o lado bo, neste partido mellorouse moito e fixéronse cousas que botábamos de menos nas xornadas anteriores.
Xogaron: Mateo, Roberto (Gustavo), Jusepe, Carabán, Mika, Carlos (Alex), Lojo, Roni (Pedro), Rafa, Portos (Peri) e Osvaldo.