BUGADILLO CF 1 – S.D.C. RECESENDE 3

bugallido-recesende-cronica
NON NOS PARA NIN A P… RESACA

No día despois da boda do ano, as caras dos xogadores dicíano todo: a de onte foi boa eh… Desde que quedamos ás catro para ir ao campo ata que saímos ás sete e media, as risas foron contínuas recordando os momentos más anecdóticos de onte, que non foron poucos.
A celebración foi espetacular e todo saiu como se esperaba: os noivos díxeron que sí, o arroz case afoga a máis de un, as típicas sorpresas para os protagonistas, e os que entraban nas quinielas para acabar sendo os máis borrachos da noite, non desentonaron e deron fé da súa reputación e incluso houbo algún que a pillou tan boa que non apareceu para xogar, verdade Jabalí… palabras textuales da muller do susodicho: “non pode ir que non ten collóns a levantarse da cama” Felicidades entón aos recién casados e desexarlle todo o mellor porque o merecen.

Xa metidos no partido en sí, pouca cousa que contar. Xa que era un partido sin trascendencia, había que pasalo ben sin lastimarse; e así se fixo. Intentamos xogar o balón por abaixo, aproveitando que Jabalí non estaba, e aínda che fixemos algunha xogada xeitosa. Houbo un cambio de táctica: pasamos do noso tradicional 4-5-1 ao 4-4-2, probando a Muras nunha especie rara de dianteiro centro. E non saíu mal de todo, xa que o minuto 20, un centro ao segundo pao era deixado atrás por Osvaldo co peito para que Muras, despois dun rexeite, enviara as redes o balón nun golpeo acrobático ao máis puro estilo Zlatan (con este gol gañou unha aposta aos entrenadores e será o capitán no seguinte partido na fase de ascenso).
Arredor do minuto 27, chegaría o 0-2 por obra e arte de Tubío nunha especie de tiro da lagartija, cun disparo duro dende 25 metros que se colou pegadiño ao pao. Ao pouco chegaría o gol do Bugallido nun man a man que logra parar Luis pero no rexeite xa non puido facer nada. Descanso moi necesitado polos nosos para seguir depurando o seu maltreito fígado.

Na segunda parte, aos 10 minutos, chega o 1-3. Osvaldo e Muras intercámbianse os papeis do primeiro gol e, tras un pase deste que deixa a Osvaldo solo diante do porteiro, logra poñer case a sentencia no marcador. Despois desto, o único a destacar foi o penalti parado por Luis, o noso porteiro. Acabouse a liga e ahora chega o gordo, a promoción de ascenso, no que por rival teremos ao Rois, quinto clasificado. A por eles!