SÁLVORA C.F. 1 – 1 S.D.C. RECESENDE

IMG-20151221-WA0001UN PUNTO PARA SENTIRNOS ORGULLOSOS.

Un total de once baixas por traballo, lesións e viaxes provocaron que sólo tivéramos dez xogadores dispoñibles para o partido frente o Sálvora. Dadas estas circunstancias, comunicamos co equipo rival para intentar cambiar a data do encontro pero encontrámonos cun non rotundo, entendible debido ós poucos días libres que había para movelo de sitio. Non nos quedaba outra que armarnos de valor e facelo o mellor posible e mira ti por donde, ata igual nos beneficiou esta complicada situación.

Sacar algún punto de Sálvora estaba complicado xa que o equipo local estaba na terceira posición, tiña que ganar para seguir a estela dos postos de ascenso, nós sólo gañamos dous encontros dos últimos sete en plena crise de xogo…

Como era de esperar o Sálvora adueñouse do balón dende o primeiro minuto e durante o tramo inicial do encontro tocaba o balón con calma esperando que chegaran espacios para aproveitalos. Os minutos ían transcurrindo e eses espacios non aparecían ó contrario que as prisas por marcar que sí asomaban polo equipo local. O noso equipo estaba perfectamente colocado e concentrado en tareas defensivas e atento para cando roubábamos balóns para facer transicións rápidas buscando sobre todo a velocidade en banda de Portos, quen precisamente tivo a mellor ocasión da primeira parte cun disparo cruzado que foi desivado por un defensor e saiu cerca do pao.

O Sálvora, unha vez visto que con pases rasos non conseguían acercarse á nosa portería, comezou a enviar balóns largos ás bandas pero os centros que viñan en consecuencia, non atopaban claros rematadores. A súa mellor oportunidade veu nun remate de cabeza, tras un saque de esquina, que a punto estivo de perforar a portería de Pedro que instantes antes enviara o balón a córner tras un acto de reflexos.

Co 0-0 chegamos ó descanso. Na segunda parte o cansancio dos nosos fixo mella e o Sálvora xa buscou o primeiro gol sen miramentos e con descaro, asediándonos sen deixar que saíramos do noso campo. Así, xa no 52, o árbitro decreta un penalti protesatdo polos nosos e que provocou a inauguración do marcador, 1-0.

Este tanto calmou a ansia local que volveu de novo a tocar o balón con calma e sen prisas. Os minutos transcurrían e o Sávora non era quén de cerrar o partido co segundo gol. Nós decidimos ir a por todas e pasamos a xogar con defensa de tres, metendo a Carabán en punta.

Foi no 89 cando un balón colgado por Suso a desesperada atopou a un Carabán completamente sólo que se adentrou na área e bateu por raso ó porteiro, 1-1. No desconto non houbo ocasións e así finalizou o encontro, ca heroíca dos nosos.

Xogaron: Pedro, Gustavo, Caramés, Muras, Carabán, Mika, Carlos, Suso, Portos e Osvaldo.

Goles: Carabán.