S.D.C. RECESENDE 3 – CD ROIS 2

recesende-rois-cronicaCADA VEZ MÁIS CERCA

Chapó!!
Chapó aos xogadores e aos aficionados por brindarnos dúas horas de auténtica emoción.
Sí, poderán dicir que non houbo un fútbol de toque, característico de partidazos, pero o que non se pode negar é que en cada balón os dous equipos ivan a por todas, a sabendas do que estaba en xogo.
E eso xustamente é o que un aficionado quere e lle gusta ver. Seremos mellores ou peores xogadores, pero hoxe no campo todos os protagonistas de ambolos dous equipos demos todo o que tiñamos que dar.

As aficións deron un comportamento exemplar, olvidándose do incidente aislado do domingo pasado. Cada unha animando ao seu equipo, sen faltar o respeto ao contrario, como debe de ser.
Cunha Devesiña chea de xente e engalonada con varias pancartas de apoio ao Recesende, os xogadores do equipo local tiñan a presión de non defraudar e de demostrar o seu segundo posto na liga.
As instruccións eran claras: xa que eles por arriba tiñan máis potencial que nos, tiñamos que intentar xogar o balón o maís posible por abaixo, pero con complicacións cero en defensa. Ademáis, o xogo por bandas que tan bo resultado nos dou en moitos partidos resultaba crucial para crear ocasións.

Comezaba o partido co Rece dominando levemente o xogo. Chegabamos a zona de tres cuartos pero faltábanos precisión para dar o pase final. Sólo conseguíamos crear verdadeiro perigo nas accións por banda de Alex, que volveu tolo ó seu defensor. Unha falta cabezeada por Osvaldo ás mans do portiero sería o primeiro disparo do encontro.
Minuto 37: 1-0. Balón en largo para Alex que controla xa dentro da área e manda un disparo cruzado que toca no pao e entra.
A alegría do gol aínda non chegara ao seu punto máximo cando, nun malentendido entre Julio e Luis, acaba nun despexe deste que toca no dianteiro visitante e entra na portería. Minuto 38: 1-1
Este gol golpeábanos psicolóxicamente e fixo que nos minutos restantes para o descanso, vimonos superados levemente polo Rois.

Na segunda parte o xogo non tiña un dominador claro e nos primeiros minutos apenas houbo ocasións.
Minuto 60: 2-1. Apertura en banda a Lojo que pilla despistado ao Rois, e o capi cun toque sutil consigue colarlle o balón por arriba ao porteiro que se quedou a media salida.
Pouco despois, córner a favor do Rece que acaba cun choque cabeza contra cabeza de Muras (4 grapas necesitou) e un defensa visitante, os dous con sendos cortes na cabeza.
Minuto 65: 3-1. Balón que controla Muras na metade da campo e a unha distancia duns 20 metros lanza un tiro que sorprende novamente ao porteiro do Rois.
A Devesiña era unha festa para os locais, sabedores de que a eliminatoria estaba moi ben encamiñada.
Pero o Rois non se dou por vencido e no minuto 88 conseguía o 3-2, logo dun man a man do seu dianteiro que repetía como goleador.

Tras 5 minutos de añadido, o árbitro decretou o final do encontro e o contraste de sensacións era claro. Felicidade para uns e tristeza para outros.
Damos a noraboa aos xogadores do Rois pola tempada que fixeron e desexámoslle sorte para a seguinte. Felicitamos tamén aos seus aficionados os cales, hoxe sí, deron un exemplo.

E pola nosa parte, mil gracias a todo o público recesendiano que hoxe se animou a ver unha vitoria do seu equipo e esperemos que para a final desta fase de ascenso, nos animen coma o fixeron ata o de agora.

Xogaron: Luis, Adrián, Jabalí, Julio, Jhoni (Nacho), Muras, Carlos (Mika), Mario (Moro), Lojo, Alex e Osvaldo (Roni)
Goles: Alex, Lojo e Muras.