UN ALEX TRAVIESO DALLE A VICTORIA AO RECE NUNHA TREPIDANTE SEGUNDA PARTE
Volvemos para a casa con tres puntos debaixo do brazo, logo da valioso triunfo conseguido nun dos campos máis difíciles (polas súas condicións e dimensións) da categoría. Sabiamos que ía a ser un partido onde o equipo que menos metera a perna tería todas as de perder asique intentamos meterlle intensidade dende o principio.
A primeira parte non tivo un domiador claro. Nos abusamos en buscar a banda de Alex, quen chegaba con claridade as inmediacións da área pero unha vez alí era ben cerrado por dous xogadores rivais e non tiña escapatoria. Poucas ocasións houbo nos primeiros 45 minutos. A nosa máis clara estivo nas botas de Mika quen engachou un rechaze ao borde da área e o seu potente chut marchouse lixeiramente desviado. Despois gozamos de dúas ocasión en sendos córners pero os cabezazos de Carabán e Raúl foron detidos polo gardameta rival. O Oleiros tamén era capaz de achegarse ao noso terreo, sobretodo aproveitando xogadas rápidas e facendo paredes.
O partido chegou ó descanso e os nosos ían coa cabeza alta tras unha boa primeira parte; únicamente había que mellorar o feito de estar máis atentos ós segundos balóns.
Aos dez minutos da segunda parte comezou o festival goleador. Falta no vértice da área que executa Munin, o porteiro non é quen de atallala e o rexeite quédalle a Gabi, quen soo a tivo que empuxar. 1-0. Era o momento de que o equipo estivera xunto, sen perder o sitio. Pero non nos dou tempo a facer isto,xa que na seguinte xogada, falta a favor do Oleiros que se cola nas redes. 1-1 e volta a empezar.
Nos seguintes minutos o Oleiros veuse arriba e, sen gozar de ocasións, sí que daba sensación de perigo. Minuto 67: saque de esquina ao noso favor, balón que queda morto na área grande e Alex engancha o balón a bote pronto para poñer o 1-2. Con este resultado aguantamos ata o minuto 85, no que unha xogada en banda dun xogador do Oleiros que se vai de tres xogadores nosos acaba cun disparo que sorprende a Marcial e pon o empate no marcador. O equipo lexos de virse abaixo, seguiu pelexando confiando en que aínda había tempo para conseguir os tres puntos e así foi. Minuto 87, balón roubado por Muras na saída de balón do Oleiros, acércase co esférico ata o borde da área e mete un pase para que Alex fusile novamente a portería contraria: 2-3. No minuto posterior chegou a sentencia: cesión atrás do porteiro rival que se queda corta e Alex está máis rápido que nadie para regatear ao porteiro e conseguir o 2-4 e conseguir o seu segundo hattrick no que vai de liga.
Xogaron: Marcial, Jhoni, Nacho (Mario), Gus, Carabán, Muras, Raúl, Mika, Roni (Gabi) e Munín (Tubío)
Goles: Gabi e Alex
Destacar e dar as gracias aos afeccionados recesendianos que acudiron a este encontro e que igualaron en número aos xiareiros locais, a pesar de que se trataba dun dos desplazamento máis longos que nos tocaba nesta tempada.