UN GOL NO DESCONTO PERMÍTENOS SUMAR UN PUNTO MOI VALIOSO, LOGO DE VER CÓMO SE DESENVOLVEU O ENCONTRO.
Coa comida aínda recién chegada ó estomago partimos para enfrentarnos ó Oleiros en Aguiño, debido a que o seu campo está en obras. A tarde prometía chuvia, pero ésta non apareceu en ningún momento e permitiu a práctica do fútbol nunhas condicións meteorolóxicas idóneas.
O partido non empezou nada ben para os nosos intereses, xa que no minuto 5 o árbitro decretou un discutido penalti por unha man involuntaria de Raúl que os locais non desaproveitaron para poñer o 1-0. Tocaba remar e poñerse as pilas para empatar o partido canto antes. O Oleiros estivo moi forte no medio do campo, recollendo infinidade de segundos balóns e xogando fácil, sen numerosas perdas, feito que facía difícil que os sorprendéramos en roubos e saídas rápidas.

Co paso dos minutos, os nosos xogadores foron amoldándose ao terreo de xogo e a ter máis protagonismo, o que propiciou que disfrutáramos de ocasións. A máis clara foi en forma de penalti (moi discutido tamén) feito a Sebas e fallado por él mesmo, xa que o porteiro adivinoulle o lado do disparo. Mazazo para o Recesende que xa se imaxinaba o encontro empatado pero non houbo sorte, polo que había que seguir intentándoo e asi o fixemos. Sebas volveu a ter unha moi boa oportunidade tras un saque de esquina que cabeceou Muras primeiro e Sebas despois e o obligou ao porteiro a facer unha estirada para conseguir despexar o balón. Por sorte, o dito de “quen perdoa, págaas” non se cumpleu e minutos despois, nun novo saque de esquina executado por Rafa foi Carabán quen se adiantou a todos e rematou de cabeza ó segundo pao para lograr o 1-1. De novo a sociedade Rafa – Carabán nas xogadas a balón parado daba os seus frutos como xa sucedera no partido anterior.

E falando de Rafa, éste tivo o segundo gol nas suas botas tras unha bonita xogada por banda na que consigueu plantarse diante do porteiro, un pouco escorado, pero o seu disparo petou no pao e marchouse fora. Unha pena xa que estaba acercándose o descanso e sería un golpe importante no ánimo dos rivais. Este golpe tamén estivemos a punto de recibilo nos senón chega a ser por boa intervención de Luis a un disparo que entraba pegadiño ó pao.
A segunda parte comezou cos nosos totalmente fora do partido. Dende o minuto 50 ata o 65 o partido resúmese en balóns perdidos polo Rece na saída do balón e chegadas perigosas do Oleiros. Era o minuto 60 cando chegou o 2-1 chegou tras un saque de esquina ben cabeceado no primeiro pao. Non fomos capaces de reaccionar e continuamos moi perdidos no campo e así chegou o 3-1 no minuto 64 tras unha perda en zona media que provocou un man a man que logra salvar Luis inicialmente pero xa non pode facer nada no rexeite.

Visto o visto, o partido semellaba sentenciadoa cun Oleiros totalemente “on fire” e un Rece que nin se acercaba pola área rival. Pasamos a xogar con defensa de tres e metimos un home máis no medio do campo para ter superioridade nesa zona. Non é que este cambio de sistema provocara un efecto inmediato pero no minuto 68 conseguimos reducir distancias nun novo saque de esquina botado por Rafa e golpeado de cabeza por Muras, 3-2.

Restábannos 20 minutos para lograr o gol do empate e o Oleiros tiña ese mesmo tempo para aproveitar as contras das que ía a disfrutar. Pero o marcador non se moveu ata o minuto 93, cando Portos (en posible fora de xogo) recolle un pase de Carabán e plantase sólo ante o porteiro e logra batilo cun disparo raso, 3-3 e fin do encontro.

Un partido no que logramos sacar un punto no último instante pero que reflexou que debemos mellorar sobre todo en esas fases de falta de concentración como a que sufrimos hoxe.
Xogaron: Luis, Raúl, Jusepe, Carabán, Muras, Carlos, Mika (Gus), Roni (Portos), Rafa, Ortoño (Alex) e Sebas.
Goles: Carabán, Muras e Portos.