Retomamos a competición ligueira despois de dúas semanas e facémolo co inicio da segunda volta. Esperemos que o 2014 traia consigo un pouco máis de fortuna de cara á portería.
O rival deste domingo é o Oleiros, plantel que ocupa a séptimaposición e que no partido de ida gañounos na Devesiña por 2-3, despois de nós desperdiciar unha vantaxe de 2-0 ó descanso. O Oleiros arrancou moi forte a liga, liderándoa durante varias xornadas pero pouco a pouco foise deseinflando. Na primeira volta presentou os seguintes números: 8 partidos gañados, 2 empatados e 7 perdidos; sumando 35 goles a favor e 32 en contra.
Pola nosa parte necesitamos sumar os tres puntos xa que os de abaixo están apretando e queremos afastarnos canto antes.