S.D.C. RECESENDE 4 – 2 C.D. DODRO

Formaci_n_Recesende O RECESENDE FINIQUITA O PARTIDO NA PRIMEIRA PARTE

Catro goles na primeira media hora de xogo permítennos conseguir outra vitoria máis e seguir na quinta posición da táboa. O feito de lograr esta abultada vantaxe tan pronto provocou unha tempraneira relaxación que propiciou os dous goles visitantes.

Formaci_n_Dodro

O primeiro gol non foi visto polos impuntuales que se acercaron ó campo. Primeiro ataque e primeiro gol no minuto 1: xogada de Rafa pola banda dereita, fai un centro medido a perna cambiada e no segund pao aparece Lojo libre de marca para golpear o balon co interior ó fondo das redes. 1-0._DSC6325

O fortísimo vento que soplaba na Devesiña estaba a ser o gran protagonista porque limitaba o xogo de ambos equipos. O Dodro intentaba recompoñerse tralo gol en contra, pero non encontraba o seu sitio no terreo, non estaba cómodo. Ata o minuto 11, ningún dos dous equipos se arrimou á area rival, pero o Rece neste minuto conseguía o segundo gol: ataque pola banda izquierda que termina cun centro raso de Carlos para que Portos aparezca entre o medio dos defensas e consiga empuxar o balón, 2-0.

O partido poñíasenos moi costa abaixo e maís cando na seguinte oportunidade, minuto 17, chegou un dos goles da xornada. Roubo de Carlos no medio do campo, vaise do último defensor cunha ruleta ó máis puro estilo Zidane e plántase sólo ante o porteiro a quén o engaña no seu disparo, 3-0._DSC6397

Sólo uns minutos máis tarde do terceiro gol, chegou a xogada desafortunada do encontro na que un xogador visitante queda tendido no campo con signos evidentes de dolor no seu tobillo. O partido estivo parado varios minutos xa que non era quén de moverse e tivo que ser sacado do campo polos compañeiros. Desexamos que se recupere canto antes.

Co encontro xa reanudado o Rece sigueu ó seu, a gol por ocasión, mellor dito a golazo por ocasión. Minuto 33, Alex prende a moto no noso campo, vaise de 1,2,3.. ata 4 xogadores rivais, faille un autopase ó porteiro e empuxa o balón a placer!; 4-0._DSC6362

Este gol fixo por fin reaccionar ó Dodro. Tomou as rendas do encontro, non lle quedaba outra xa que do contrario a goleada podía ser demoledora. Conseguiu recortar distancias e poñer o 4-1 no minuto 41 nunha falta que sacaron rápido e nos pillou descolocados, permitindo o seu dianteiro plantarse ante Rubén, que de primeiras aguantou fenomenal pero non puido facer nada cando deu o pase atrás e un compañeiro fixo un disparo pegado ó pao.

_DSC6337

Os visitantes tiveron outra oportunidade nunha falta cercana a área pero Rubén blocou en dous tempo. A última ocasión estivo na cabeza de Raúl pero o seu cabezazo marchouse por moi pouco.

Chegou o descanso dun partido no que parecía que a segunda parte era innecesaria, o encontro parecía xa resolto para o Rece e eso que xogou todo o primeiro tempo co aire en contra.

A segunda parte foi tomada por ambos equipos con moita calma, como desexando que pasasen os minutos canto antes e chegara o final. Os nosos pecaron de falta de ambición xa que foron numerosas as veces nas que chegaban en superioridade numérica ás inmediacións rivais, sen estar certeiros á hora de acabar a xogada._DSC6313

Lojo estivo a punto de marcar un gol olímpico senón fora polo porteiro que logrou despexar a tempo. Máis tarde estivo a punto de producirse o gol tonto da xornada, nunha defectuosa cesión rival que obligou ó porteiro a pegarse un longo sprint e tirarse ó suelo para evitar que o esférico acabara dentro da portería.

O partido iba chegando ó seu fin pero ainda quedou tempo para que Osvaldo disfrutara de tres ocasións: unha de carambola na que o porteiro saca, o balón bate no cú do propio Osvaldo e o balón sae a centímetros do pao; intento de vaselina no man a man que se vai desviada; remate acrobático que sae moi cerca da escadra.

_DSC6346

No minuto 80 chega o definitivo tanto do partido, obra do dianteiro rival que controla de espaldas dentro da área e logra darse a volta para batir a Rubén por baixo, 4-2.

O partido non deu máis de si e o Recesende que segue cunha boa racha, sendo xa 6 o partidos sen perder.

Xogaron: Rubén, Roberto, Jusepe (Nacho), Carabán, Carlos, Mika, Raul, Alex (Ortoño), Lojo, Rafa e Portos (Osvaldo).

Goles: Lojo, Portos, Carlos e Alex.

 

S.D.C. RECESENDE 2 – 1 S.D. URDILDE

DSC07130O RECESENDE LÉVASE A VITORIA CO XUSTO

Boa afluencia de público a que se deu cita na Devesiña para presenciar un encontro que nos sirve para seguir aumentando a distancia co sexto clasificado e non deixar de perder de vista o Taragoña, cuarto a seis puntos.DSC07096

O partido puido poñerse de cara no primeiro minuto, pero Alex aínda debía estar frío e mandou demasiado alto un intento de sobreiro cando se encontraba sólo ante o meta. O xogo de ambos equipos non estaba a ser o que se di combinativo, e o balón por alto era o que predominaba. Tras o susto inicial, o Urdilde foi o que lle botou máis coraxe ó asunto e quen disfrutou das seguintes ocasións.

DSC07088

Aló polos quince minutos de partido tiveron o seu primer acercamento perigoso nunha falta lateral que non foron capaces de enganchar ben cando se encontraban dous xogadores sen apenas oposición na área pequena. O Urdilde dominaba e o seu xogo por bandas estaba a facernos bastante dano. Precisamente foi nunha xogada do seu extremos de onde naceu o 0-1 con algo de fortuna xa que o seu centro tocaba en Roberto e despistaba a Luis, era o minuto 30 e os visitantes poñíanse por diante.

DSC07123As sensacións non eran nada boas. Non estabamos a igualar o sacrificio e a intensidade do rival e eso daba lugar a que foran superiores en todas as liñas. Foi nos últimos cinco minutos da primeira parte cando demos un paso adiante para buscar o empate e conseguímolo. Contra iniciada por Carlos que recupera o balón no medio campo, abre o esférico para Alex e éste mételle un pase o espacio para Portos que, tras un sublime control, define a perfección e pon o 1-1 no marcador.DSC07125

Así chegamos ó descanso, contentos por conseguir o empate pero un pouco preocupados pola imaxe mostrada.DSC07119

A segunda metade comezou igual que a primeira, cunha ocasión calrísima para nós, pero coa diferencia de que esta vez foi para adentro. Minuto 52, tiro dende fora da área de Carlos que o porteiro non é capaz de atallar e Lojo, moi atento, envía o rexeite ás mallas.DSC07098

Este tanto parece que nos dou alas e nos seguintes minutos poidemos aumentar a vantaxe. Primeiro Lojo cun tiro de falta que saiu rozando a escuadra e máis tarde sería o turno de Rafa que non puido acomodar o corpo para golpear ben un balón servido en bandexa por Alex. Foron os mellores minutos do noso equipo, pero todo mudou cando restaba un cuarto de hora para o fin no que o Urdilde se veu arriba.DSC07105

O primeiro aviso chegou en forma de lanzamento ó largueiro tras un forte disparo dende fora da área. Máis tarde, tras o saque dunha falta, un xogador visitante remata cruzado de cabeza e cando o balón parecía que entraba, aparecía Carlos para sacalo e envíalo fora. A derradeira ocasión dos visitantes foi de novo tras un saque de falta rematada co peito (esto di moito da nosa concentración defensiva) e o balón estrelábase de novo no largueiro, cunha consecuente falta posterior a Luis.DSC07115

O árbitro pitou o final do encontro e os nosos respiraban aliviados conscentes de que si dura cinco minutos mais, o empate iba a chegar.

Xogaron: Luis, Roberto (Gustavo), Carabán, Jusepe, Raúl, Mika (Ortoño), Carlos, Lojo, Alex, Rafa e Portos (Osvaldo)

Goles: Portos e Lojo

Boa actuación do colexiado que soupo levar o encontro tranquilo e con calma.