BRIÓN C.F. 2 – 1 S.D.C. RECESENDE

IMG-20131110-WA0005

Derrota hoxe do Recesende no Municipal de Brión, diante dun equipo que sen facer moito máis que nos se leva os tres puntos.

En ningún momento do partido conseguimos ter o dominio do balón, debido en parte a que o noso medio do campo estivo bastante perdido polos constantes movementos e cambios de posición dos xogadores desta parcela do Brión. Esta situación foi máis notoria nos primeiros vinte minutos do partido onde os locais tocaban o balón a pracer e creábannos bastante perigo, sobre todo con tiros dende fora da área. Así foi como crearon a primeira gran ocasión do encontro cun disparo que acabou no pao defendido por Diego. Pouco a pouco fómosnos axustando no centro do campo e eles non se sentían xa tan cómodos, con varias pérdidas na saída do balón que propiciaban que foramos adiantando as liñas. A nosa primeira ocasión foi un tiro de Alex que logrou sacar o porteiro rival cunha boa estirada, aínda que o árbitro non observara esto e concedera saque de porta. Minutos máis tarde chegaría o 0-1, cun penalti ao noso favor por unhas mans dentro da área, que foi lanzado por Alex.

Tras este gol, fomos capaces de conter o tirón dos locais en busca do empate. A única ocasión da que disfrutaron antes da chegada do descanso foi un bo tiro de falta ao borde da área que petou no pao.

A segunda parte comezou, pero pareceu que os xogadores do Rece quedaron aínda un pouco máis de tempo nos vestiarios xa que saíron cunha torrixa das boas. O Brión chegaba moi fácil aos noso terreo e o gol do empate parecía que non ía a tardar en chegar. Meu dito meu feito; minuto 55, centro do Brión que toca nas mans de nacho, penalti transformado e 1-1 no marcador. Mentres tanto nós seguiamos sen encontrarnos. Non había movementos e a nosa única saida era o balón en largo.

O gol da victoria do Brión chegou a balón parado e con algo de sorte. Falta que os locais colgan dende o seu campo, barullo na área e o balón que acaba entrando: 2-1.

Desde este gol ata o final pouco que contar. Todos os nosos intentos eran con balóns colgados que foron despexados todos pola zaga local, aproveitando e valéndose do seu superior poderío físico.

IMG-20131110-WA0003

Final do partido e tres importantes puntos que se nos escapan.

Xogaron: Diego, Jhoni, Nacho (Gustavo), Carabán, Eloi, Muras, Mika (Gabi), Carlos, Roni, Alex (Lojo) e Osvaldo (Munín).

Goles: Alex