C.D. DODRO 1 – 4 S.D.C. RECESENDE

ENTRENADOR NOVO, VICTORIA SEGURA

IMG-20131027-WA0005Chegou a segunda victoria da tempada e con ela conseguimos sair dos postos de descenso. A diferencia do partido contra o Sar, no que gañamos xogando moi ben e tocando moito o balón por abaixo, hoxe adicámonos a xogar da maneira que mellor se nos da: defensa dura e sen complicacións, dous-tres toques no medio do campo, balóns rápidos ás bandas en profundidade e dianteiro peleón sen dar ningún balón por perdido.

Así foi como plantearon os adestradores o partido de hoxe. A destacar o cambio no organigrama do clube no apartado destes: Susito (Parcero) entrou coma novo adestrador do Rece, relegando a Franelas ó posto de segundo. Paco pasa, xunto con Luis, ao posto de preparador de porteiros. Susito non conta con experiencia nos banquillos, pero todo o que aprendeu durante a súa etapa coma xogador, vai intentar e de feito, xa o está a facer, transmitirnos aos xogadores, sobre todo en aspectos tácticos e de colocación. Os dous entrenos desta semana nos que primou e se lle deu importancia a cómo temos que atacar e cómo temos que presionar, foron suficientes para aplicar eses movementos no partido de hoxe, no cal en ningún momento o equipo perdeu o sitio e chegabamos con moitos homes nas xogadas de ataque. Igual é algo ventaxista falar de que o bo encontro realizado é debido aos cambios nas formas de afrontar os entrenos de Susito e de Franelas, pero a vista está o resultado.

Como xa apuntabamos na previa do encontro, o empate non nos valía para sair do pozo, polo que tiñamos que ir a polos tres puntos. Esta presión autoimposta polos propios xogadores deu pé a que sairamos ao terreo cunha concentración que botamos en falta en partidos anteriores. Dende o minuto 1, xa nos demos de conta de que hoxe sí, iamos en serio e eso que non foi ata o minuto 15 cando desfrutamos da primeira ocasión clara e que rematou en gol. Robo de Muras en zona de tres cuartos do noso ataque, balón que quedaba rexeitado para Lojo con todo a favor para o seu disparo e cun tiro cruzado poñía o 0-1. Tanto antes coma despois deste gol, sabiamos que hoxe era o día do capi, estaba entonado vamos. Pola súa banda naceron case todas as ocasións de perigo.

O Dodro non era quen de reaccionar a este gol, e non conseguía achegarse as inmediacións da nosa área con certo perigo. Tocaba o balón no medio do campo, pero de ahí non pasaba. Nos mentras estabamos cómodos con esta disposición, deixando que tocaran no seu campo e unha vez atravesaran a liña do medio sair rápido a presión, roubar e balón as bandas. A segunda gran oportunidade tivoa de novo Lojo: centro dirixido hacia él que remata sen deixar botar o balón e o porteiro rival que fai unha gran parada para enviar o esférico ao córner. Na outra banda estaba Aitor, que hoxe tivo que sacrificarse e atender máis en tareas defensivas debido as continuas subidas do seu lateral e  ós problemas musculares de Nacho. Con Osvaldo en punta, participando moito no xogo tanto vindo a recibir coma pelexando balóns aéreos, tiñamos a un home de referencia capaz de xogar de espaldas e tocar de cara para os medios, factor éste que lle fixo bastante dano ao Dodro.
Nos minutos finais da primeira parte, os locais intentaron irse un pouco máis en busca do empate pero sen ter as ideas claras de cómo facernos daño. Con balóns aéreos imposible, xa que Carabán e Eloi estiveron indestructibles e por abaixo, como decíamos antes, non conseguían que o balón chegara ao último home debido a nosa presión.

IMG-20131027-WA0004

Fin do primeiro período e momento para descansar, contentos co traballo feito.

Segunda parte con cambios nas nosas filas. Nacho ten que sair por mor das molestias musculares e entra no seu sitio Munín, actuando de lateral dereito e cumprindo con boa nota. Nos primeiros 10 minutos sí que se veu a un Dodro decidido a polo gol, acumulando máis homes en ataque pero sen último pase. Esto durou ata o minuto 60, momento do 0-2: slalon de Carliños a dous xogadores e zurdazo pegado ao pao.

O Dodro puido acortar distancias: dous remates de cabeza que pasaron cerca da portería e un libre directo que conseguiu sacar Marcial.

Nos tamén tivemos oportunidades claras para aumentar a vantaxe: xogada persoal de Gabi que consegue sacar un disparo e éste é repelido polo meta rival; Raúl non foi quen de empuxar as redes un pase da morte; e Lojo, diante do porteiro, cruzou demasiado o seu tiro.

Minuto 85: falta a favor do Dodro que acaba en gol: 1-2 e o medo que nos empeza a entrar no corpo. Pero por pouco tempo. Un minuto despois, boa xogada de Raúl que pelexa o balón con dous defensas do Dodro e acaba sendo derribado pitando o árbitro penalti. Munín encárgase de lanzalo e gol, 1-3.

Xa nas postrimerías do encontro chega a xogada do partido: roubo do balón no medio do campo, Carliños toca para Gabi, éste fai unha parede con Raúl, e Gabi que se planta diante do porteiro e cede o balón para Roni que sólo ten que empuxalo, 1-4 e fin do partido.

Xogaron: Marcial, Nacho (Munín), Gustavo, Carabán, Eloi, Muras, Mika (Gabi), Carliños, Lojo (Tubío), Aitor (Roni), e Osvaldo (Raúl).

Goles: Lojo, Carliños, Munín e Roni.

Esperemos conseguir unha nova victoria o próximo domingo na Devesiña, desta vez co Salvora como rival.