QUÉ GUSTO DA GANAR ASÍ!!
UN GOL DE NACHO, CANDO O ÁRBITRO ESTABA A PUNTO DE PITAR O FINAL DO PARTIDO, DANOS OS TRES PUNTOS E PERMÍTENOS SEGUIR ARRIBA NA CLASIFICACIÓN.
Con máis ganas que nunca, chegamos hoxe a tarde ata Extramundi para disputar o partido correspondente á segunda xornada de liga. A intención era conseguir unha victoria para seguir sumando de tres en tres neste inicio de competición. Enfrente, o Sar, un equipo que aínda que perdeu na xornada anterior, parece ser que lle dan o partido por gañado por alineación indebida do rival.
O partido non tivo moito ritmo en términos xenerais. Ós nosos faltáballes frescura e tamén decisión para ir a polo partido. En ataque estivemos moi inocentes e apenas acompañabamos a Sebas cando éste era capaz de controlar algún dos poucos balóns que lle chegaron. O xogo dos dous equipos escaseou de elaboración. Abusouse do xogo directo e confiábase en que os dianteiros sacaran algo positivo dos balóns en largo que lles chegaban.
A ocasión máis clara da primeira parte foi para o Recesende, nunha rápida xogada na que Sebas se foi en velocidade do seu defensor e no man a man, o seu disparo foi sacado debaixo dos paos pola defensa local.
O Sar tivo unha boa oportunidade para poñerse por diante, nun disparo raso dende a frontal que detivo un Luis que se mostrou moi seguro no súa volta ó equipo tras un ano sabático. Non houbo máis ocasións claras para ningún dos equipos, sólo acercamentos sen perigo. As defensas estaban impoñéndose mostrándose moi seguras, serias e fortes por arriba.
A primeira parte rematou e xa no vestiario Suso pideu que o equipo lle metera unha marcha máis ao xogo. Non nos podiamos conformar con sacar un empate e había que salir a polo encontro. Salimos á segunda parte confiados neso pero non se plasmou no terreo de xogo, xa que continuaba a mesma tónica dos primeiros 45 minutos, cun ritmo moi lento e sen apenas ocasións para ningún bando.
Portos tivo unha ocasión moi clara para inaugurar o marcador ao pouco de iniciarse a segunda metade pero non soupo definir diante do porteiro xa que a presión do defensor impediulle golpear o esférico con comodidade. Esta ocasión foi un espexismo porque continuamos a ter os mesmos erros: defensa moi atrasada e falta de decisión en ir ao ataque.
Nos últimos minutos, o encontro animouse e púxose máis entretido. A nosa defensa por fin deu un paso hacia adiante, adiantamos liñas e conseguimos ter máis presencia en campo contrario, aumentando así a sensación de perigo e facendo recuar un pouco ao contrario. Desta forma conseguimos ter algunha oportunidade clara, especialmente unha na que Ortoño se atopou un balón na área pequena e o seu tiro foi chapado polo gardameta local.
Chegou o minuto 93, última xogada do encontro. Centro de Lojo que non atopa rematador e é despexado de cabeza hacia os pés de Nacho quen, cun sutil disparo axustado, conseguía meter o balón dentro da portería e poñer o definitivo 1-0 no marcador. Acto seguido, sacaba o Sar de centro e o árbitro decretaba o final do partido.
Xogaron: Luis, Nacho, Carabán, Eloi, Raúl, Jusepe, Mika (Ortoño), Carlos, Lojo, Portos (Gustavo) e Sebas
Goles: Nacho