REPARTO DE PUNTOS, QUIZAIS ALGO INXUSTO
Pola mañán anunciabamos que sólo dispoñíamos de 14 xogadores (incluidos dous porteiros) para afrontar o partido de hoxe; pois ben, no quentamento Osvaldo sentía molestias na súa rodilla e tiña que quedar no banquillo, a sabendas que sólo sairía nun caso extraordinario.
Chegabamos a Carcacía sabendo que de perder, esto íase a complicar en demasía xa non sólo polo tema de non sumar se non tamén no aspecto psicolóxico. Con Roni e Luis facendo de adestradores, a premisa era clara: “se temos opción saimos co balón xogado, senón cero complicacións”. Era moi importante estar seguros atrás, xa que esto permitiríanos ir con maís homes e máis confianza ás xogadas de ataque. A volta de Carabán ao posto de central notouse xa que estivo inconmensurable tanto por arriba coma por abaixo. Muras tivo que facer outra vez de central ante ausencia de Jhoni, deixando o control do centro do campo en Carliños (que reaparecía tras tres partidos de ausencia), Tubío e Mika. Co noso típico 4-5-1 saíamos ó campo coa intención de levarnos os tres puntos.
Os primeiros minutos do partido foron aburridos, cos equipos acoplándose ao terreo de xogo e collendo posicións de acorde ao sistema do rival. Aínda non se cumplira o minuto 10 de partido e o equipo leva o primeiro susto desta vez en forma de lesión. Muras ten que ser atendido tras abrirse unha brecha na cella, pero por sorte pode volver ao terreo. Foi o Carcacía o primeiro en avisar cun remate cruzado do seu dianteiro que salvou ben Marcial. Pouco despois era o noso turno cunha xogada en banda de Lojo que deixa o balón atrás para Mika e éste, en dúas ocasións, non foi quen de superar ó porteiro. A seguinte ocasión voltou a ser nosa: córner ao noso favor que saca Lojo atrás para Muras e o centro de éste e rematado de cabeza por Aitor facendo esforzarse ao porteiro para enviar de novo a saque de esquina. O mal fario que temos coas lesións continúa: Tubío, nun salto de cabeza, sufre un corte similar ao de Muras pero con hinchazón incluida polo que ten que ser substituido.
O árbitro pita o final da primeira metade e íamos camiño aos vestiarios convencidos de que podíamos asaltar o campo de Mirarríos.
A segunda parte foi moi movida, cun partido sen control onde o campo era un correcalles e os dous equipos se desgastaron físicamente facendo desfrutar aos afeccionados desplazados, con múltiples ocasión para ambos.
O Carcacía deu entrada a homes de ataque que fixo que o equipo gañara en corpo e en veteranía pero perdera en rapidez e sorpresa. Así, o perigo consistiu en xogadas a balón parado e centros. Polo noso bando encontrámos máis ocos en ataque pero non os soupemos aproveitar. Pimeiro un fóra de xogo pitado incorrectamente (recoñecido ao instante polo colexiado) a Lojo que o deixaba sólo ante o porteiro e intre seguido un remate de cabeza salvado case a bocaxarro polo meta rival foron as primeiras ocasións claras. Pero o Carcacía tamén tivo as súas; a máis clara, un remate de cabeza que tocou o longueiro.
O partido continuaba cun alto ritmo e Diego (porteiro suplente), que de novo tivo que sair a xogar de dianteiro conseguiu disparar un remate raso que non blocou o porteiro e Lojo, no rexeite, remataba petando o balón no codo dun xogador rival. Penalti claro que o árbitro non quixo ver. Turno para o Carcacía nun libre directo cerca da área que se marchou fora por pouco. Xa quedaba pouco para rematar o encontro pero aínda deu tempo a dúas chegadas perigosas dos nosos. A primeira un remate floxo de Gabi que saíu rozando o pao logo de tocar no porteiro; e a última ocasión, unha xogada de novo polémica ao sinalar o árbitro un novo fora de xogo moi protestado polos afeccionados recesendianos.
Final do partido e os afeccionados de ambos equipos que aplaudiron en masa aos xogadores tralo esforzo realizado.
Non se puideron conseguir os tres puntos pero as sensacións foron moi boas. Agora toca facer bo este punto no próximo partido na Devesiña. Dixen partido?? pois equivoqueime, quería decir partidazo! xa que se trata do derbi frente ao Praiña, equipo que está en racha tras gañar os seus últimos tres partidos.
Xogaron: Marcial, Nacho, Adrián, Carabán, Muras, Tubío (Jabalí), Carliños, Mika, Lojo, Gabi e Aitor (Diego).