SDC RECESENDE 4 – 2 ATLÉTICO OLEIROS

02012016-IMG_1232AS INCLEMENCIAS METEOROLÓXICAS MARCARON UN PARTIDO QUE ACABOU CAENDO PARA O NOSO LADO.

As continuas chuvias fixeron que o campo non permitira un xogo combinativo, polo que o dous equipos optaron por evitar riscos innecesarios e buscar os balóns en largo para que traballaran tanto os defensas como os dianteiros por adueñarse do esférico.

Entramos ben no partido, chegando con claridade polas bandas. O primeiro acercamento foi de Roni nun balón que colleu na súa banda, foi trazando unha diagonal hacia dentro e rematou a xogada cun disparo coa súa zurda que se marchou desviado.02012016-IMG_1235

Acto seguido adiantámonos no marcador alá polo minuto 12, con Roni de novo de protagonista xa que o seu centro medido era rematado de cabeza no segundo pao por Lojo superando ó porteiro por arriba: 1-0.

O gol durmeunos e o Oleiros veuse arriba a polo empate, que chegaría no 17 cando unha recuperación no seu campo propicicou unha boa e rápida xogada de ataque que acabou nas redes tras uns rexeites: 1-1. Este gol non cambio o dono do xogo nos seguintes minutos e seguiron sendo os visitantes os que tiñan máis perigo. A piques estiveron de facer o segundo nun man a man na que o balón se paseou por diante da portería e saiu fora.02012016-IMG_1238

Eran minutos de desconcerto para os nosos vendo que o rival non se cortaba nada á hora de disparar desde calquer lado e de finalizar as xogadas sí ou sí. Nos últimos minutos o Rece volveu a achegarse á portería rival e tivo unha clara ocasión nas botas de Portos que superou ó porteiro e o seu disparo saiulle moi floxo e a defensa evitou que o balón entrase.

Na segunda parte houbo máis goles que xogo. Ata o minuto 65 o partido foi bastante pobre en canto a xogo e ocasións, aburrido para ser claros. Neste minuto os visitantes póñense por diante tras un erro en defensa no que o seu dianteiro nos rouba o balón e se perfila ante Pedro para batilo: 1-2.02012016-IMG_1258 Era o momento de reaccionar e así o fixemos. Minuto 73 e un pase da morte de Lojo é aproveitado por Portos para meter o balón na portería con suspense: 2-2. E despois do segundo, veu o terceiro logo dun córner que lle chega a Gustavo no segundo pao e engancha o balón para metelo entre as pernas do gardamallas: 3-2.

Conseguímolle dar a volta ó marcador e xogamos cun home máis os últimos cinco minutos trala roxa directa a un contrario. Xa no desconto chegou a sentencia cun novo gol de Gustavo qeu se sumou ó ataque nun contragolpe e o finalizou cun remate de cabeza en plancha: 4-2.02012016-IMG_1244

Sete puntos nas últimas tres xornadas, algo que parecía inviable vendo as dificultades que estamos tendo para xuntar once xogadores.

Xogaron: Pedro, Cristóbal, Brais, Carabán, Gustavo, Mika, Carlos, Peri (Suso), Lojo, Roni e Portos.

Goles: Lojo, Portos, Gustavo (2).

 

SÁLVORA C.F. 1 – 1 S.D.C. RECESENDE

IMG-20151221-WA0001UN PUNTO PARA SENTIRNOS ORGULLOSOS.

Un total de once baixas por traballo, lesións e viaxes provocaron que sólo tivéramos dez xogadores dispoñibles para o partido frente o Sálvora. Dadas estas circunstancias, comunicamos co equipo rival para intentar cambiar a data do encontro pero encontrámonos cun non rotundo, entendible debido ós poucos días libres que había para movelo de sitio. Non nos quedaba outra que armarnos de valor e facelo o mellor posible e mira ti por donde, ata igual nos beneficiou esta complicada situación.

Sacar algún punto de Sálvora estaba complicado xa que o equipo local estaba na terceira posición, tiña que ganar para seguir a estela dos postos de ascenso, nós sólo gañamos dous encontros dos últimos sete en plena crise de xogo…

Como era de esperar o Sálvora adueñouse do balón dende o primeiro minuto e durante o tramo inicial do encontro tocaba o balón con calma esperando que chegaran espacios para aproveitalos. Os minutos ían transcurrindo e eses espacios non aparecían ó contrario que as prisas por marcar que sí asomaban polo equipo local. O noso equipo estaba perfectamente colocado e concentrado en tareas defensivas e atento para cando roubábamos balóns para facer transicións rápidas buscando sobre todo a velocidade en banda de Portos, quen precisamente tivo a mellor ocasión da primeira parte cun disparo cruzado que foi desivado por un defensor e saiu cerca do pao.

O Sálvora, unha vez visto que con pases rasos non conseguían acercarse á nosa portería, comezou a enviar balóns largos ás bandas pero os centros que viñan en consecuencia, non atopaban claros rematadores. A súa mellor oportunidade veu nun remate de cabeza, tras un saque de esquina, que a punto estivo de perforar a portería de Pedro que instantes antes enviara o balón a córner tras un acto de reflexos.

Co 0-0 chegamos ó descanso. Na segunda parte o cansancio dos nosos fixo mella e o Sálvora xa buscou o primeiro gol sen miramentos e con descaro, asediándonos sen deixar que saíramos do noso campo. Así, xa no 52, o árbitro decreta un penalti protesatdo polos nosos e que provocou a inauguración do marcador, 1-0.

Este tanto calmou a ansia local que volveu de novo a tocar o balón con calma e sen prisas. Os minutos transcurrían e o Sávora non era quén de cerrar o partido co segundo gol. Nós decidimos ir a por todas e pasamos a xogar con defensa de tres, metendo a Carabán en punta.

Foi no 89 cando un balón colgado por Suso a desesperada atopou a un Carabán completamente sólo que se adentrou na área e bateu por raso ó porteiro, 1-1. No desconto non houbo ocasións e así finalizou o encontro, ca heroíca dos nosos.

Xogaron: Pedro, Gustavo, Caramés, Muras, Carabán, Mika, Carlos, Suso, Portos e Osvaldo.

Goles: Carabán.