A FALTA DE CONCENTRACIÓN E DE INTENSIDADE FIXO QUE PERDÉSEMOS A OPCIÓN DE PUNTUAR NUNHA SEGUNHA METADE PARA OLVIDAR
Comezamo o encontro moi ben posicionados, sendo superiores en todas as parcelas do campo. O xogo en sí era dun dominio igualado pero ben se notaba que o Palmeira non estaba nada cómodo, e eran eles quén tiñan que ir a pola vitoria dende o minuto un por xogar coma locais e pola necesidade de non perder distancia co tren do ascenso. Esta sensación de incomodidade era producida principalmente pola boa presión exercida no medio do campo que impedía que conectasen máis de 2-3 pases seguidos e enganchasen cos seus homes de arriba.
A primeira ocasión chegou aló polo cuarto de hora despois dunha boa combinación e que terminou cun tiro de Mika desde fora da área que se marchou desviado. Ó Palmeira costáballe sair do seu campo e o xogo transcurría nesa parcela. Cada vez chegabamos con máis facilidade á súa zona de perigo pero sen conseguir crear ocasións.
Sen embargo, cando mellor estábamos, chegou o 1-0 no minuto 27: saque de banda sen aparente perigo, un home deles recibe o balón de espaldas e dase a volta entre dous xogadores nosos e provoca un penalti sen discusión que a piques estivo de parar Luis.
Tan sólo tres minutos máis tarde conseguimos empatar, tras unha falta lexana sacada por Carabán na que o porteiro mide mal e acábase colando nas redes, 1-1.
O encontro estaba tolo e así continuou porque dous minutos despois do empate, o árbitro inventaríase un novo penalti a favor do Palmeira que, desta vez sí, puido atallar Luis adiviñando a intención do rival. Tras esta controvertida decisión do trencilla o partido quentouse por momentos, epecialmente cunha dura entrada a Osvaldo que debeu terminar coa expulsión dun rival que xa tiña unha amarela e, tras a falta, lanzou o balón cara o propio Osvaldo co xogo detido.
Os derradeiros minutos da primeira metade foro para o Palmeira e parecían predecir o que se aveciñaba de cara a segunda parte.
O descanso sentounos moi mal, todo o contrario que ó rival que se debeu de dar conta de que apretaban ou se lles iba a poñer o encontro moi difícil. O primeiro tercio dos segundos 45 minutos transcurriron ó contrario que na primeira parte; agora éramos nós os que non estábamos cómodos e os que non saíamos do noso campo. As ocasións do Palmeira íanse sucedendo e cada vez eran máis claras co paso dos minutos.
Avisaron cun remate de cabeza ó largueiro tras unha xogada na que fomos demasiado inocentes; esta xogada rematou en córner e, tras éste chegou o 2-1, minuto 58, cun cabezazo no primeiro pao sen apenas oposición real.
A cousa non pintaba nada ben porque a pesar de ir perdendo, eran eles quen seguían co ritmo do xogo. Ata tres ocasións clarísimas tiveron antes de conseguir marcar o terceiro tanto: dúas delas foron salvadas por Luis e outra bloqueuna Roberto debaixo dos paos.
Xa era moito aguantar e o 3-1 chegou no minuto 78: Falta colgada dende o medio do campo e, incompresiblemente, chegan dous xogadores rivais completamente sólos o segundo pao para rematar cruzado ante a solitaria figura de Luis.
O encontro estaba finiquitado e xa desexábamos que rematara, pero antes aínda tiveron tempo para marcar o cuarto nun contragolpe levado a cabo pola banda dereita con moita velocidade, pase da morte que é sacada novamente por Luis en primeira instancia, pero o rexeite caelle a un rival que non perdoa e consegue marcar ante a pasividade dos nosos que non foron solidarios para axudar en defensa.
No minuto 89 Lojo maquillou o resultado e deixouno nun 4-2 cun bo gol de falta.
Xogaron: Luis, Nacho (Roberto), Carabán, Raúl, Jusepe, Mika, Carlos, Alex (Ortoño), Lojo, Portos (Sebas) e Osvaldo
Goles: Carabán e Lojo
O RECESENDE FINIQUITA O PARTIDO NA PRIMEIRA PARTE





