S.D.C. RECESENDE 2 – 1 S.D. URDILDE

DSC07130O RECESENDE LÉVASE A VITORIA CO XUSTO

Boa afluencia de público a que se deu cita na Devesiña para presenciar un encontro que nos sirve para seguir aumentando a distancia co sexto clasificado e non deixar de perder de vista o Taragoña, cuarto a seis puntos.DSC07096

O partido puido poñerse de cara no primeiro minuto, pero Alex aínda debía estar frío e mandou demasiado alto un intento de sobreiro cando se encontraba sólo ante o meta. O xogo de ambos equipos non estaba a ser o que se di combinativo, e o balón por alto era o que predominaba. Tras o susto inicial, o Urdilde foi o que lle botou máis coraxe ó asunto e quen disfrutou das seguintes ocasións.

DSC07088

Aló polos quince minutos de partido tiveron o seu primer acercamento perigoso nunha falta lateral que non foron capaces de enganchar ben cando se encontraban dous xogadores sen apenas oposición na área pequena. O Urdilde dominaba e o seu xogo por bandas estaba a facernos bastante dano. Precisamente foi nunha xogada do seu extremos de onde naceu o 0-1 con algo de fortuna xa que o seu centro tocaba en Roberto e despistaba a Luis, era o minuto 30 e os visitantes poñíanse por diante.

DSC07123As sensacións non eran nada boas. Non estabamos a igualar o sacrificio e a intensidade do rival e eso daba lugar a que foran superiores en todas as liñas. Foi nos últimos cinco minutos da primeira parte cando demos un paso adiante para buscar o empate e conseguímolo. Contra iniciada por Carlos que recupera o balón no medio campo, abre o esférico para Alex e éste mételle un pase o espacio para Portos que, tras un sublime control, define a perfección e pon o 1-1 no marcador.DSC07125

Así chegamos ó descanso, contentos por conseguir o empate pero un pouco preocupados pola imaxe mostrada.DSC07119

A segunda metade comezou igual que a primeira, cunha ocasión calrísima para nós, pero coa diferencia de que esta vez foi para adentro. Minuto 52, tiro dende fora da área de Carlos que o porteiro non é capaz de atallar e Lojo, moi atento, envía o rexeite ás mallas.DSC07098

Este tanto parece que nos dou alas e nos seguintes minutos poidemos aumentar a vantaxe. Primeiro Lojo cun tiro de falta que saiu rozando a escuadra e máis tarde sería o turno de Rafa que non puido acomodar o corpo para golpear ben un balón servido en bandexa por Alex. Foron os mellores minutos do noso equipo, pero todo mudou cando restaba un cuarto de hora para o fin no que o Urdilde se veu arriba.DSC07105

O primeiro aviso chegou en forma de lanzamento ó largueiro tras un forte disparo dende fora da área. Máis tarde, tras o saque dunha falta, un xogador visitante remata cruzado de cabeza e cando o balón parecía que entraba, aparecía Carlos para sacalo e envíalo fora. A derradeira ocasión dos visitantes foi de novo tras un saque de falta rematada co peito (esto di moito da nosa concentración defensiva) e o balón estrelábase de novo no largueiro, cunha consecuente falta posterior a Luis.DSC07115

O árbitro pitou o final do encontro e os nosos respiraban aliviados conscentes de que si dura cinco minutos mais, o empate iba a chegar.

Xogaron: Luis, Roberto (Gustavo), Carabán, Jusepe, Raúl, Mika (Ortoño), Carlos, Lojo, Alex, Rafa e Portos (Osvaldo)

Goles: Portos e Lojo

Boa actuación do colexiado que soupo levar o encontro tranquilo e con calma.

 

 

PORTO DO SON C.F. 2 – 2 S.D.C. RECESENDE

DSC07022DE NOVO, OS MINUTOS FINAIS SON PROPICIOS PARA NÓS

Tarde perfecta a de onte para a práctica do fútbol, cun campo que tamén se prestaba a eso. Un equipo, o local, que estaba obligado a gañar para non meterse en líos, e outro, o visitante, que se encontra nunha posición máis que cómoda e que de aquí ao final de liga se ten que adicar a desfrutar no terreo unha vez que os deberes xa os ten fixo.DSC07051

A primeira media hora do encontro foi totalmente nosa. A defensa de tres que volvimos plantexar fixo que primase o xogo ofensivo e ben que se notou. O primeiro aviso foi de Portos, que se encontrou un balón na área pequena e o seu remate a trompicóns foi sacada polo porteiro. Despois deste acercamento, o Porto do Son pisaba por primeira vez a nosa área nun intento de pase da morte que cortaba Jusepe atento.

Minutos despois foi o turno para Raúl, que controla un balón en banda, entra na área pero o seu último toque quédalle demasiado largo e adiántase o porteiro. Esta xogada foi a antesala do primeiro tanto. Minuto 13, presión de Portos na saida do balón, consegue roubalo e plántase diante do porteiro para definir á perfección: 0-1.DSC07044

Tras poñernos en ventaxa, as ocasións máis claras continuaron sendo nosas. Rafa espetou no pao un tiro de falta ó borde da área e na seguinte xogada, Portos demataba de cabeza ó largueiro.DSC07039

O encontro non tiña medio do campo, non había control. Era un ir e vir, onde ata o momento eramos nós os que provocabamos máis perigo. Pero o feito de xogar con defensa de tres tiña os seus riscos se nos acabamos as xogadas, e onte non estabamos seguros de todo na parcela defensiva. Foi pasada a media hora cando os locais lograron empatar, nun centro que remataban no primeiro pao, cruzando o balón ó segundo: 1-1.

Este gol deulles un plus de confianza e nese momento sí que se notou quén era de verdade o equipo que necesitaba os puntos. Uns minutos despois deste gol, chegaría unha doble ocasión para eles, primeiro nunha saída de Rubén quedando o balón ó borde da área para un rival e sen porteiro, pero o seu tiro foi bloqueado por Roberto e neste rexeite o pase atrás era rematado cun potente disparo que se marchaba moi cerca do travesaño. Eran os peores minutos do equipo e desexabamos que se pitara o descanso.DSC07046

A segunda metade comezou con máis calma, parecía que había que tantear o asunto. Este tanteo pouco durou e o Porto do Son lanzouse de novo a polo gol. Primeiro nunha xogada embarullada na que o balón deambulou na área pequena e terminou cun disparo demasiado cruzado. Máis tarde tivo que ser Rubén o que cunha soberbia parada desviaba a córner un balón envenenado.DSC07028

Foi nese córner no que os locais se puxeron por diante. Minuto 55, remate de cabeza sen oposición dun contrario e 2-1. O resultado facía xustiza co que se vía no terreo de xogo. O Porto do Son, cunha presión asfixiante estaba conseguindo roubar infinidade de balóns e impedir que chegásemos con facilidade a súa área.

Tivemos o empate nas botas de Alex pero o seu disparo saiu un chisco alto. Foi no último minuto e na última xogada cando conseguimos o 2-2 nun córner rematado de cabeza no segundo pao por Gustavo, que xa avisara antes nun par de remates.DSC07064

Con este empate rematou un encontro no que o Porto do Son xa se vía cos tres puntos no peto e o Rece non se rindeu ata o pitido final.

Xogaron: Rubén, Roberto (Gustavo), Carabán, Jusepe, Mika (Osvaldo), Carlos, Alex, Raúl, Lojo, Portos (Ortoño) e Rafa

Goles: Portos e Gustavo