CON LOJO, TODO É MÁIS FÁCIL
Primeiro hattrick da tempada para un dos nosos xogadores e quén mellor para ser o seu protagonista, que o capi Lojo. Él, xunto con Rafa, foron os goleadores dun encontro no que o equipo funcionou a arreóns e, sen convencer de todo, logrou unha holgada vitoria.
Un campo impracticable recibía a dous equipos situados nos extremos opostos da clasificación. Tocar o balón tal e como estaba o terreo era imposible e impensable. Éste foi o noso primeiro erro do encontro xa que o comezamos querendo evitar o balonazo en largo e perdimos bastantes balóns en zonas perigosas. A pesar de isto, conseguimos adiantarnos no marcador cedo, no minuto 10, tras un saque de esquina rematado en primeira instancia por Jusepe na que o porteiro evita o gol de éste cunha importate parada pero alí estaba Lojo atento ó rexeite para enviar o balón ás redes.
O que parecía máis simple e fácil de facer con esta ventaxa que era non complicarse a vida e sacar o balón da nosa zona perigosa, pois non o fixemos e isto facía que o Rois, pouco a pouco, empezara a asomar con certo asiduo pola nosa área. Un man a man salvado por Luis e, sobre todo unha xogada na que o dianteiro visitante se relaxou demasiado cando sólo tiña que empuxar o balón sen oposición pero que salvou un rápido Jusepe, foron as ocasión máis claras das que dispuxeron na primeira metade.
O Rois facía un xogo fácil e dáballe resultado, sen embargo non estaba fino de cara a portería. Todo o contrario que nos, que nos complicabamos a vida pero tivemos fortuna nos poucos acercamentos dos primeiros 45 minutos. No minuto 38, nun novo saque e esquina, o balón queda rechazado na frontal da área para que Lojo, tras controlar co peito, se acomodase para colocar o esférico fora do alcance do porteiro: 2-0.
Con este resultado marchamos ó descanso a resguardarse da continua chuvia que caía na Devesiña.
A segunda parte non fixo máis que confirmar a nosa efectividade de cara a gol. Primeiro minuto e 3-0, obra de Rafa que aproveitaba que se quedaba sólo e superaba o cancerbeiro cun sutil golpeo. Esta ventaxa de tres goles fixo que nos relaxaramos e , como xa avisamos na previa, se te relaxas ante un equipo coma o Rois é moi posible que leves algún susto… e así foi. No minuto 56, tras unha serie de rexeites dentro da nosa área, o balón quedáballe franco a un contrario para recortar distancias: 3-1.
Tan sólo dous minutos despois deste gol, chegaría o 3-2 tras un penalti pitado polo árbitro por mans de Raúl. Os nervios apoderávanse dos nosos que vían como se lles complicaba un encontro que o tiñan ganado. Sen embargo, de novo apareceu Lojo para poñer a cordura no partido e, tras un xogadón de Alex, o capi remataba de cabeza un balón no segundo pao e poñía o 4-2 cando trasncurría o minuto 65.
A festa de goles parecía non ter fin cando no minuto 67, Rafa que parecía celarse dos goles de Lojo, conseguía o seu doblete nun balón que enviaba ás redes coa sua perna izquierda: 5-2.
O partido agora sí estaba resolto. Destacar un gol anulado a Pedro por posible fora de xogo e unha expulsión dun xogador visitante cando restaban quince minutos para o fin.
Nova vitoria para o Rece que segue asentándose na quinta posición e aumentado a vantaxe co sexto clasificado.
Xogaron: Luis, Gustavo, Jusepe (Raúl), Muras, Roberto (Portos), Carlos, Mika, Alex, Roni (Pedro) Rafa e Lojo (Suso).
Goles: Lojo (3) e Rafa (2)
UN PENALTI EN CONTRA NO MINUTO 96 IMPIDE QUE VOLTEMOS COS TRES PUNTOS