S.D.C. RECESENDE 2 – 0 ATLÉTICO OLEIROS

_DSC3365VICTORIA MERECIDA, SEN PALIATIVOS

Por fin volvimos a facer un bo partido, dando unha moi boa imaxe e mostrando as ganas de querer ganar que parecía que se perderan nas últimas xornadas. O resultado pode quedarse curto se analizamos todas as ocasións das que dispuxemos.

Vendo que nos derradeiros partidos tiñamos un claro problema de chegada a portería rival, costábanos un mundo xerar ocasións, Suso decidiu arriscar e xogar cun esquema 3-5-2 e a verdade é que dou o resultado esperado. O equipo empezou moi metido no partido, cos xogadores concentrados e cerca de onde estaba a xogada para recoller os posibles balóns soltos. Ós dez minutos de partido tivemos o primeiro contratempo en forma de lesións, xa que Osvaldo tiña que sair do campo por un pinchazo entrando Pedro no seu lugar e na súa mesma posición. _DSC3389

A primeira ocasión ó noso favor foi un remate de cabeza de Muras que saiu cerca do poste, cando tiña todo ó seu favor para inaugurar o marcador. Minutos despois sería o turno de Alex quen, tras un bo pase en profundidade de Carabán, plantouse diante do porteiro e o seu tiro cruzado acabou batendo no poste. Parecía que non estabamos finos de cara a gol pero sí estabamos tendo ocasións, que era o que se buscaba._DSC3434

O Oleiros intentaba poñerlle calma ó encontro e ter a posesión do balón pero non conseguían acercarse con perigo á nosa área. A ocasión máis clara da que dispuxeron foi un remate case a bocaxarro que salvou Raúl tirándose para taponar o disparo. Nos seguíamos ao noso, entrando moi ben por ambas bandas e acabando a maioría das xogadas. Pedro tivo duas boas ocasións: primeiro un intento de vaselina que se lle marchou alta e máis tarde un remate de cabeza ó que tamén lle dou demasiada altura._DSC3421

Coas tablas no marcador chegamos ó descanso. O Rece íase con boas sensacións convencidos de que o gol chegaría, mentres que o Oleiros parecía algo contrariado por sentirse incómodo, sen encontrar o seu fútbol.

O comezo da segunda metade estivo máis igualado, sobre todo porque o Oleiros saiu con algo máis de ansia, conseguindo anticiparse e roubar varios balóns sen deixar que que trenzásemos as xogadas. Esta sensación de igualdade foise disipando co paso dos minutos e o encontro volveuse parecer ó visto durante o primeiro tempo. As ocasións para nos volveron a chegar e arredor do minuto 60 tivemos unha inmellorable nun disparo dentro da área pequena de Gustavo que salvo o porteiro cunha soberbia parada, xa se cantaba o gol. _DSC3352

Tan sólo cinco minutos despois conseguimos poñernos por diante: Alex colle un balón no medio do campo, pon o seu motor en marcha e vaise de ata tres contrarios cunha velocidade endiablada chegando a liña de fondo e poñendo un centro medido para que Pedro, tras controlar co peito, se sacase un disparo que acabaría en gol, tras tocar lixeiramente nun contrario, 1-0._DSC3371Con este gol viñémonos ainda máis arriba e pronto conseguimos o segundo para deixar case sentenciado o partido. Minuto 70, Rafa quédase sólo diante do porteiro pero algo escorado, espera a que cheguen os compañeiros para poñer o centro pero, enganando a todos, en vez de centrar dispara a portería e consegue que o balón entre mansamente na portería, 2-0._DSC3390

Con esta vantaxe o partido quedou resolto, principalmente porque o Oleiros semellaba incapaz de crear ocasións. A nosa defensa de tres non tivo problemas para frear o seu empeño e mostrouse moi firme e decidida.

Fin do partido, tres puntos para o casilleiro e, o máis importante de todo, moi boa imaxe a deixada polos nosos.

Xogaron: Luis, Gustavo, Carabán, Raúl (Roberto), Carlos, Mika, Lojo, Alex, Roni (Rafa), Muras (Ortoño) e Osvaldo (Pedro)

Goles: Pedro e Rafa

 

S.D.C. RECESENDE 0 – 1 CARCACÍA S.D.

IMG-20150201-WA0028GAÑOU O QUE MÁIS ÍMPETU LLE PUXO

Sabíamos o que nos ibamos encontrar no Carcacía. Un equipo moi aguerrido, forte físicamente, que lle impón un grado moi alto de intensidade a cada xogada e que sobre todo, sabe ó que xoga. Para contrarrestar esto, o mínimo que tiñamos que facer era igualalos en intensidade e foi algo que non fixemos.

Desde o primeiro minuto o Carcacía xa mandaba sobre o terreo. Os seus homes estaban moi ben posicionados mentres que nos aínda non sairamos dos vestiarios. Todo balón acababa nos seus pés, daba igual que fora de rechace, segunda xogada ou saque directo do porteiro.

Co paso dos minutos, este dominio do equipo visitante non facía máis que aumentar e as ocasións íanse sucendendo. O seu xogo era moi claro: saque de portería noso, ben gañaban o balón xa de cabeza ou na segunda xogada e pase en largo ós dianteiros que xa estaban buscando o desmarque. As primeiras ocasións foron en forma de perigosos centros que non encontraban rematador. A máis clara da primeira parte foi unha peinada de cabeza que a piques estivo de sorprender a Luis, pero reccionou rápido desviando o balón a córner.

O Rece non se encontraba. Os xogadores do medio do campo non atopaban o seu sitio e víanse unha e outra vez desbordados pola ansia visitante. A pesar de todo, alá polo minuto 40 foinos anulado un gol por un discutido fora de xogo de Carabán.

Minutos de descanso. Todos o tiñamos claro, de seguir asi o gol do Carcacía sólo era cuestión de minutos. Dúas palabras eran as claves: anticipación e concentración. Os segundos balóns estaban a facernos moito dano xa que non eramos quen de facernos donos de ningún e de aí proviñan a maioría das accións de perigo visitante.

Os primeiros minutos da segunda parte foron igualados, notándose certo cambio de actitude, pero esta situacion durou bastante pouco. O xogo directo do Carcacía volvía a facer que non foramos quen de sair do noso campo. Ademáis, ahora as súas ocasións comezaban a ser moi claras. Carabán tivo que sacar un balón debaixo dos paos cando xa se cantaba o gol e Luis tamén se tivo que emplear a fondo.

No minuto 59 producíase a expulsión por doble cartón dun xogador deles. Parece que non aprendimos a lección do domingo anterior e semellaba que eramos nos os que xogabamos en inferioridade, xa que seguimos sen ter presencia en ataque, salvo un par de xogadas na que o árbitro impediu que foran a máis pitando dous foras de xogo inexistentes, nos que un deles deixaba a Roni sólo frente ó porteiro.

Sí que é certo que, cun home menos, o Carcacía costáballe chegar pero cometimos o erro de concederlle faltas cerca da área con conseguintes balóns aéreos que nos costaba un mundo despexalos. No minuto 74, falta ó seu favor na frontal que é executada cun sútil toque con rosca, bate no pao, da un bote e chegan tres xogadores rivais para empuxar o balón por ningún noso, de novo a falta de concentración facíase notar: 0-1.

Fómonos arriba en busca do empate pero víase de lexos que non ía chegar. A defensa rival semellaba un muro infranqueable que evitaba calquer acercamento e todo despexe desembocaba en contragolpe. Xa nos minutos finais quedámonos sen dous xogadores con sendas expulsións por doble amarela de Gustavo e Roni. As únicas opcións que tivemos de empatar foron con duas faltas directas de Osvaldo e Rafa, que en ambas o porteiro despexou.

Fin do partido e os tres puntos que marcharon para a casa do líder.

Xogaron: Luis, Jusepe, Gustavo, Carabán, Eloi, Muras (Roni), Mika (Suso), Carlos (Jhoni), Rafa, Pedro (Munín) e Osvaldo