S.D. CACHEIRAS 2 – 0 S.D.C. RECESENDE

DSC06723INOPERANTES.

Ese é o adxectivo co que podemos definir o xogo dos nosos no encontro de onte. Fixemos un dos peores partidos da liga no peor momento, no peor escenario e cando tiñamos todo de cara para gañar o encontro tal e como se nos puxo.

Boa entrada no municipal da Cañoteira para presenciar este derbi local cunha temperatura que baixaba conforme transcurrían os minutos. Os locais necesitaban os tres puntos para que os dous de arriba non se distanciaran; nos necesitabamos puntuar para seguir nesa bonita quinta plaza. Comezou o encontro con moitos nervios e tensión que se traduciron en constantes protestas ó árbitro case dende o minuto un. O colexiado, para cortar eso, comezou a sancionar estas actitudes moi pronto. Así, no minuto 17 un xogador rival é amonestado por protestar e acto seguido leva a segunda tarxeta amarela coa conseguinte expulsión por faltarlle ó respeto. Minuto 18, 0-0, e xogamos en superioridade ¿qué máis podemos pedir? Pois parece que aínda queríamos máis favores porque non aproveitamos tal situación, senón máis ben o contrario.DSC06777

Froito desta expulsión o Cacheiras enrabietouse e nos non eramos capaces de sacar o balón do noso campo. Tiñan mala pinta estes minutos e asi foi: minuto 23 pase cruzado ó seu interior que pon un pase raso e Carliños, no seu intento de despexar o balón, marca en propia meta, 1-0.DSC06766

A teoría decía que non había que alarmarse porque quedaba tempo de sobra para darlle a volta ó resultado, pero a práctica demostraba todo o contrario. O medio do campo estivo totalmente desaparecido, únicamente Carliños se mostraba para comezar as xogadas, ás cales non tiñan bo fin.DSC06763

Os locais deixaban que a nosa defensa tocara con tranquilidade, pero unha vez intentabamos o pase ó interior ou co propio medio, apretaban ben sincronizados e logrando roubar numerosos balóns. Con esto, a xogada que máis empleamos era o pase en largo a banda, sobre todo a de Alex, que non foi capaz de aproveitarse da habilidade e velocidade que ostenta. DSC06754

A primeira parte transcurreu así, o Cacheiras esperando no seu campo pero sin estar agazapado e xogando moi fácil, sen complicacións; e nos moi imprecisos e xa algo nerviosos ó ver que os minutos trasncurrían sen ser capaces de achegarnos á portería rival. Dúas ocasións podemos contabilizar ó noso favor: un pase largo a Mika que supera ó porteiro por arriba nunha salida en falso de éste, pero que é cortado pola rápida acción do defensa; e un fora de xogo moi protestado que deixaba sólo a Munín.

DSC06744

No descanso, Suso intentou tranquilizar ó vestiario. Había que facer máis ancho o campo, intentar que se descolocaran e tocar tranquilos. Seguía habendo tempo.

O inicio da segunda parte foi máis do mesmo coa única salvedade de que quizáis o Cacheiras deu un paso atrás, normal. Pero seguía estando forte, impedindo calquer acercamento e roubando balóns en zona de 3/4. No minuto 54 chegou o golpe case definitivo: balón en banda para o figuritas local (ese que se cree unha estrela, pero non se debeu dar de conta de que está a xogar en segunda rexional) que dispara a portería e o balón, tras tocar en Eloi, despista un pouco a Luis que non pode evitar que se cole na meta: 2-0. As sensación dadas polo noso equipo facían inviable a remontada, pero non desistimos de intentalo.DSC06762

Pasamos a xogar con defensa de 3 e dous puntas. Carliños tomou o control do esférico e dirixiu ó equipo para, como mínimo, intentar chegar ó marco rival. A primeira gran ocasion tivoa Alex cando recibiu un balón entro da área e o seu tiro demasiado cruzado a piques estivo de envialo para dentro Lojo, que non chegou por moi pouco. Máis tarde sería Raúl quen se plantou diante do porteiro, pero non o puido superar e o balón terminou en córner, como tamén rematou así un forte disparo de Roni dende a frontal. Os locais pola súa parte dispuxeron dun tiro ó largueiro para conseguir o terceiro.DSC06782

Non houbo tempo para máis e o Cacheiras que se levou uns moi merecidos tres puntos.

Xogaron: Luis, Nacho, Eloi (Roni), Carabán, Raúl, Muras, Carlos, Mika (Lojo), Pedro (Rafa), Alex e Munín (Jusepe).

 

S.D.C. RECESENDE 2 – 1 C.D. SAR

IMG_1434PARTIDO GAÑADO, PERO SEN CONVENCER

Xa avisamos na previa que os rivales da zona baixa nos daban moitas preocupacións, e o Sar non foi menos. O penúltimo clasificado estivo a punto de rascar algún punto da Devesiña nun encontro no que nos puxemos pronto por diante, relaxámonos e pecamos de confianza. Por sorte na segunda parte conseguimos outro gol para levarnos un partido, non sen apuros.IMG_1383

Cun terreo moi embarrado principalmente polas bandas e na zona do medio do campo, xogar o balón por abaixo antoxábase complicado. A pesar de isto, non foi un encontro no que destacara o xogo aéreo nin directo. O control do partido non estaba claro e parecía que, á hora de irse ó ataque, ningún dos equipos se ía gardar nada. A primeira ocasión foi tras un saque de esquina na que un remate de Muras foi sacado debaixo dos paos. No novo saque de esquina posterior chegou o 1-0, minuto 12, cando de novo Muras remataba case a placer dentro da área pequena.IMG_1406

Coa vantaxe no marcador, comezamos a perder o sitio no medio e o Sar gañou presencia en ataque. Costábanos moito despexar os balóns e perdimos moitos balóns en zonas perigosas. A primeira oportunidade que tiveron para empatar foi nun man a man que conseguiu tamponar Rubén tras un mal control o dianteiro rival. De seguido, case se volven plantar diante do noso porteiro, senón fora porque Carabán estivo rápido e chegou a tempo para cortar o que podría ser o empate. IMG_1387

O medio campo non existía e o partido entrou nunha dinámica de ocasión tras ocasión. Nos tamén tivemos as nosas, a destacar unha de Portos que non deu definido diante do porteiro rival nunha xogada de moito perigo. Os visitantes pediron posible penalti de Rubén ó seu dianteiro, cando éste tiña todo ó seu favor para marcar; foi unha xogada moi discutida polos rivais. Estabamos xogando con lume e acabámonos queimando, cando no minuto 34 o Sar empataba o encontro cun remate de cabeza: 1-1.IMG_1380

Coa igualada no marcador chegou o tempo de lecer. Momento de recibir instruccións co obxetivo de mellorar o que estabamos a facer.

Os primeiros minutos da segunda parte, tivemos a defensa máis axustada, con máis orden no medio e acabando as xogadas. A piques estivo Pedro de romper o empate cun remate que foi desviado polo travesaño. Turno para un aviso dos visitantes nun intento de vaselina que se marchou por moi pouco da portería defendida nese momento por Luis, xa que Rubén se tivo que retirar lesionado.IMG_1417

No minuto 70 chegaría o gol que nos daría a vitoria. Contra dirixida por Carlos que conduce o balón pola banda izquierda, mete un pase para Mika quen xa dentro da área ten opción de tiro pero prefire donar o balón a Portos para que engane ó porteiro cun disparo polo pao corto: 2-1.IMG_1432

Tocaba defender o resultado e para eso había que estar máis concentrados do que estabamos ata ese momento. Nos vinte minutos que restaban, o rival tivo unha ocasión moi perigosa nun disparo case a bocaxarro dentro da área pequena que foi salvado por Luis en primeira instancia quedando de novo o balón morto e sendo despexado a duras penas. O partido puido quedar resolto pero de novo o pao repeliu un fortísimo disparo de Raúl e minutos despois foi o tuno de Rafa con outro bo tiro ero desta vez foi o porteiro que fixo unha gran parada.IMG_1398

Co resultado de 2-1 chegouse ó final do encontro. Agora xa toca pensar no próximo partido frente ó Cacheiras…

Xogaron: Rubén (Luis), Nacho (Rafa), Carabán, Eloi (Gustavo), Jusepe, Muras, Carlos, Mika (Suso), Pedro (Munín), Raúl e Portos.

Goles: Muras e Portos.