U.D. BASTAVALES 2 – 3 S.D.C. RECESENDE

12Primeiro partido do ano e último da primeira volta a cal, gracias a esta vitoria, terminámola cun balance de 9 encontros gañados, 4 empatados e outros 4 perdidos, situados na quinta posición empatado a puntos co Taragoña que está de cuarto. O encontro frente ó Bastavales amosábase complicado e así foi. O feito de que os locais necesitaban sumar para non psar apuros e que o Municipal de Brión é un campo que non se nos da nada ben, auguraban malas sensacións.

O encontro comezou cos dous equipos en busca do gol, sen medo para ir ó ataque con un control alterno da posesión do balón. Foron os locais quen estiveron a punto de adiantarse no marcador cando tan sólp transcurrían dez minutos nun man a man que o dianteiro rival desperdiciou despois de cruzar demasiado o balón. Acto seguido veu a nosa resposta en forma de oportunidade nun balón que Potos controlou dentro da área co peito, revirouse e o seu tiro pasou a milímetros do pao.6

As ocasións deixaron paso ós goles. No minuto 17 o Bastavales conseguiu poñerse por diante logo dunha xogada na que lle chegou o balón ó seu dianteiro, quen con habilidade logrou poñerse diante de Rubén e superalo cun disparo raso: 1-0. Nos minutos seguintes a este gol, o noso equipo descontrolouse, perdeu a calma e o sitio, e tan sólo buscaba pases para adiante sen buscar outras solucións como intentar elaborar máis as xogadas, sendo moi predecibles. No minuto 37 conseguimos empatar o partido de penalti transformado por Gustavo: 1-1. Esta xogada foi moi criticada polo Bastavales que protestaron a inexistencia da falta que dera lugar á pena máxima. 7

Xa co empate no marcador, no minuto 43, gran xogada por Muras en banda que lle serve un balón ó segundo pao a Munín para que éste o golpee a bote pronto superando ó meta rival: 1-2.O festival de goles da primeira parte non terminara aínda e tan sólo un minuto despois chegaría o 2-2 tras unha falta moi lexana na que Rubén se confiou e o balón acabouno superando por arriba.4

Con este empate chegouse ó descanso ca sensación agridulce dese gol encaixado case na última xogada.

A segunda metade comezou igual que a primeira, con goles. Minuto 49, xogada individual de Munín que pon o centro e o balón acáballe quedando morto a Pedro, quen dispara raso a un pao facendo imposible a estirada do porteiro: 2-3. 8De aquí ó final do encontro, toda a segunda parte coma quen di, o Bastavales veuse arriba mentras que nos, sen chegar a estar totalmente agazapados, sí que procuramos non descoidarnos en defensa e esperabamos no noso campo a chegada do rival.3

O Bastavales intentouno sobre todo por arriba, xa que os seus xogadores eran bastante máis altos que os nosos e creáronnos bastante perigo. Cada saque de esquina, falta lateral ou saque de banda cercano a área, facíanos tremer. Por sorte non estiveron atinados e eso que houbo varios balóns que se pasearon pola área pequena sen encontrar rematador.5

Nos tamén tivemos ocasións para facer o cuarto gol, primeiro nun tiro dende a frontal de Rafa que se marchou moi alto e logo nunha volea de Muras que se foi ó travesaño. O partido non deu máis de si, e os tres puntos fixeron o camiño de volta connosco.

Xogaron: Rubén, Gustavo, Carabán, Eloi, Raúl, Muras, Mika, Rafa, Pedro (Nacho), Munín (Roni), Portos (Suso).

Goles: Gustavo, Munín e Pedro

 

S.D.C. RECESENDE 1 – 1 FURIA A.C.

_DSC7307CON MOITO MARXE DE MELLORA

_DSC7316

_DSC7312Rematamos o 2014 cun mal partido no cal sólo fumos superiores cando eles quedaron en inferioridade numérica. Comenzamos o encontro daquela maneira; con unha defensa ben colocada e o resto do equipo para aquí e para alá sen orden e a veces, sen sentido. As bandas non existiron, máis que nada porque non as surtimos de balóns en profundidade nin tampouco acompañamos as xogadas de atague con efectivos suficientes. Portos estivo moi aillado, sen opcións a crear perigo e a espera do erro rival._DSC7325

Ainda que sen ocasións, o encontro semellaba máis ou menos controlado ainda que tamén é certo que esto mesmo poden opinar os do Furia. A loita concentrábase no medio campo a pesar de que o xogo era moi directo por parte de ambos equipos. Pouco a pouco os visitantes foron gañando terreo e logaron adiantarse nunha xogada que nos pillou despistados deixando libre de marca a un xogador do medio e permitir que éste dera un pase ás espaldas da nosa defensa para deixar a un compañeiro diante de Luis e batilo por baixo: 0-1 minuto 28.

O gol en contra non nos espabilou o suficiente para despertar e ir buscar rápidamente o gol do empate. Nos quince minutos que restaban para o fin do primeiro tempo, continuamos a ser moi inocentes en ataque. Incluso o Furia mereceu aumentar a vantaxe cun forte disparo dende fora da área que rebotou no traveseiro e nos fixo tremero peito… golpe de sorte.

_DSC7398

Na segunda parte intentamos ir para arriba con máis fe nas nosas posibilidades. Axudou moito, eso si, que no minuto 50 o Furia quedara cun home menos nunha controvertida decisión arbitral que desde este momento comenzou o seu show de erros e actitudes demasiado raras que acabaron sacando de quicio ós dous equipos. Trala expulsión, o mister Suso decideu que era momento de arriesgar e mandou ó lateral Raúl para arriba pasando a xogar con dous homes en punta._DSC7408

Antes do gol do empate creamos perigo en dous saques de esquina nos que sendos remates sairon demasiado centrados acabando o balóns nas mans do porteiro. Foi no minuto 63 cando Rafa, tras xogada persoal en banda, coloca o balón para a sua perna boa e pon un centro medido para que Muras metera a cabeza e o balón acabara no fondo das mallas: 1-1 e case media hora por diante.

Minutos despois do empate, o Furia reclamaría pena máxima por unhas mans de Eloi, o cal dixo no vestiario: “sí que me bateu na man pero tamén o balón viña dun rebote nas mans do dianteiro”. O árbitro non veu ningunha das dúas accións e a xogada continuou sen máis. Os visitantes volveron a ter outra ocasión de marcar nun forte lanzamento de falta que se marchou desviado.

Os últimos minutos foron de relativo asedio local. Raúl tivo a sua oportunidade cun tiro dentro da área que se foi demasiado cruzado; Rafa tivo tamén a súa opción cun frouxo disparo coa zurda que acabou recollendo o porteiro. Sen dúbida, a xogada con máis perigo estivo nas botas de Mika nunha xogada na que Suso peinou o balón e éste foi parar a Mika dentro da área pequena que quixo controlalo en lugar de disparar e a defensa acabou afastando o perigo._DSC7411

Empate ao final dos 90 minuto e imos comer o turrón e as uvas nun meritorio quinto posto. Creo que podemos decir, se a memoria non nos falla, que estas alturas é o mellor posto histórico acadado por este humilde clube. Esperemos que o 2015 nos traia sobre todo saúde xa que se houbera unha clasificación en canto a lesións, iríamos moi arriba.

Xogaron: Luis, Raúl, Carabán, Eloi, Jusepe, Muras, Mika, Rafa, Pedro (Cougil), Ortoño (Gustavo), Portos (Suso)

Goles: Muras