SDC RECESENDE 2 – 1 ORTOÑO CF

DSC09774UN ENCONTRO MÁIS QUE COMPLICADO

Cando Carabán puxo o 1-0 no primeiro minuto de xogo, poucos podían imaxinar o traballo que nos custaría sacar este partido adiante e máis vendo as circunstancias nas que se desarrollou. O gol que nos daba ventaxa inicial chegou, como non, tras un córner que cabeceaba o central no primeiro pao anticipándose a todos.DSC09775

Minuto 1, ventaxa no marcador, o colista enfrente… e o pensamento de que esto estaba feito pasounos factura. No minuto 8, o Ortoño consigue empatar nunha acción na que o dianteiro se plantou sólo ante Lojo (que tivo que facer de porteiro ante as lesións dos nosos metas) e o batía cun disparo cruzado: 1-1.

Chegados ó minuto 20 o árbitro decreta penalti por unhas mans dentro da área dun xogador rival. Esta decisión foi protestada por un contrario e o árbitro decide expulsalo por decirlle “no tienes ni puta idea”. Osvaldo foi encargado de lanzar o penalti pero o hábil porteiro visitante foi quén de atallalo.

Xa cun home máis sobre o terreo, é certo que nos adueñamos case completamente da posesión pero non entrabamos con claridade na área rival. Disparos dende fora da área eran a forma de finalizar as nosas xogadas. Por outro lado, o Ortoño non estaba incómodo e conseguía roubar balóns en zona de tres cuartos e intentar sair rápido para pillarnos despistados en algunha contra.DSC09792

Co resultado de empate a 1 chegamos ó descanso. A segunda metade comezou cun Recesende volcado e xogando con moito dinamismo para conseguir rápidamente o gol. Pero éste seguía resistíndose polo gran sacrificio defensivo do Ortoño.

A partir do minuto 60 o noso xogo estancouse e volveuse máis lento. Incluso os visitantes deron un paso adiante e tiveron algo máis de presencia no noso campo. E foi, cando quizais menos o merecíamos cando conseguimos o gol dos tres puntos. Un balón que se atopa Osvaldo dentro da área e medio en reviravolta consigue sacar un disparo en forma de globo que sorprende o porteiro; minuto 77, 2-1.DSC09783

Tras o gol, chegou o show do porteiro visitante cun despliegue de paradas con moito mérito. Dúas palomitas e un man a man que consigueu sacara o gardamallas e evitar que cerrásemos o encontro antes do pitido final.

Xogaron: Lojo, Caramés (Portos), Carabán, Jusepe, Gustavo, Muras (Alex (Suso)), Mika, Carlos, Rafa, Roni e Osvaldo.

Goles: Carabán e Osvaldo

SDC RECESENDE 4 – 1 CD GALICIA BEALO

IMG_2661NECESITABAMOS ALGO ASÍ

Tomamos o partido como unha final. Unha derrota ou incluso un empate, podría hundirnos non na clasificación pero sí a nosa moral. Polo tanto, desde o minuto un demostramos que éramos conscientes do que nos xogabamos.

O equipo saleu a mandar, a facer ver que era o noso campo e que nós ibamos a decir cómo se ía a xogar. Así, baixamos o balón o suelo e comezamos a tocar con calma cos homes do medio, Peri e Carlos, facéndose visibles en todo o momento e sendo os eixes da maquinaria. Case na primeira xogada de ataque con certo perigo chegou o primeiro gol, no minuto 6, cando un envío diagonal á espalda da defensa era aproveitado por Alex, quen se adianta cun sutil toque o porteiro e mete o balón na portería sen oposición: 1-0, minuto 6.IMG_2623

Este gol non significou nada a efectos de cómo seguiu transcurrindo o partido. Con decisión fomos a buscar o segundo, que nos dera a tranquilidade. E por falta de ocasións, non foi. Unha e outra vez conseguíamos chegar con claridade á área do Bealo pero faltábanos tranquilidade para acabar a xogada coa decisión correcta.

O 2-0 chegou no minuto 24, nun córner executado por Rafa e finalizado por Carabán cun golpeo co interior no primeiro pao. Con este segundo gol, sí que o Bealo comezou a mostrarse máis participativo e aumentou o seu grao de intensidade, sobre todo na zona do medio. Gracias a esto, puido crear algunha ocasión producida por balóns roubados na nosa saída do balón. Dous fortes disparos desde fora da área foron o seu bagaxe na primeira metade, e ambos sairon desviados.IMG_2617

Tempo de lecer. O único que había que correxir era maior tranquilidade á hora de rematar xogadas, polo resto estaban a facerse ben as cousas.

A segunda parte comezou cun pouco menos de ritmo. O Bealo continuou aumentando o seu grao de intensidade e non nos permitía tocar con facilidade. Ademáis, o encontro comezou a endurecerse por algunha que outra entrada fea e protestas ó árbitro pero non foi a maiores a cousa.IMG_2629

A defensa adiantada do Bealo xa non nos deixaba tocar na zona de elaboración pero sí tiñamos a oportunidade de collerlle as espaldas con simples balóns en largo. O porteiro tivo parte de culpa de o partido xa non estivera máis que resolto a esas alturas con varias paradas de mérito.

No minuto 74 os visitantes puxeron a incertidumbre no resultado. Unha falta sacada rápida pillounos despistados e permitiu a un xogador contrario facer un tiro sencillo que Luis non deu blocado en primeira instancia e na segunda xogada apareceu outro rival para recoller o balón e empuxalo á rede: 2-1.IMG_2683

Pero este temor a remontada pouco durou. Tres minutos despois unha recuperación no noso campo propiciou unha rápida xogada pola banda dereita que rematou con Gustavo plantándose ante o porteiro e batindo cun forte disparo: 3-1.

E despois do terceiro, chegou o cuarto obra de Alex que recollía cambio de orientación de Rafa para controlalo con serenidade e golpear o balón con potencia: 4-1.IMG_2666

Entretantas houbo máis ocasións falladas, entre elas un tiro ó largueiro de Rafa tras xogada persoal.

Xogaron: Luis, Mika, Gustavo, Carabán, Muras, Peri (Suso), Carlos, Rafa, Alex, Portos (Pedro) e Osvaldo.

Goles: Alex (2), Carabán e Gustavo.