S.D.C. RECESENDE 1 – 2 SIGÜEIRO F.C.

IMG_1798O SIGÜEIRO REMONTA NOS ÚLTIMOS VINTE MINUTOS O GOLAZO INICIAL DE LOJO.

A Copa do Sar sempre nos trae sorpresas e nós queríamos ser os protagonistas dunha de elas, feito que se demostrou visto o esforzo dos nosos durante os noventa minutos. Os visitantes comenzaron os encontro arrinconándonos cerca da nosa área, cunha dura presión que provocaba que o balón durara o mínimo nas nosas botas. Non tiveron ocasións, pero estaban constantemente merodeando pola nosa zona de perigo.IMG_1723

Pouco a pouco fomos colléndolle o ritmo ó partido. A liña do medio do campo, incluido os extremos, foi entrando en contacto co esférico e arriba os roles estaban ben definidos: Osvaldo era o encargado de aguantar o balón para iniciar segundas xogadas mentres que Portos buscaba sempre a sorpresa cos seus desmarques.IMG_1732

Xogábamos bastante tranquilos, sempre botando un ollo atrás, pero coa intensidade suficiente para gañar rexeites e segundos balóns. Así, a primeira gran ocasión da que dispuxemos transcurriu logo dunha rápida xogada de ataque levada a cabo por Lojo que lle serve un pase raso a Portos quen empalmou de primeiras e deu salvado o porteiro en primeira instancia quedando o rexeite franco para Rafa que tiña sólo que empuxala pero apareceu un defensa para rexeitar o balón a córner.. Esta acción fixo que creésemos aínda máis na nosas opcións e foi coma un impulso.IMG_1734

O Sigüeiro non se poñía nervioso e seguía a esperar a súa oportunidade tocando o balón de lado a lado pero faltándolle ese último pase perpendicular. As accións con máis perigo foron tras dúas xogadas por banda na que sendos centros foron despexados pola nosa defensa.IMG_1736

No minuto 40 chegou o 1-0. Carlos ten o balón no medio do campo, abre a Rafa e o centro de éste é rematado de cabeza por Lojo no borde da área e acaba colándose pola escadra quedando o porteiro inmortalizado. GOLAZO con maiúsculas.IMG_1731

Faltaban cinco minutos para o descanso e lexos de aguantar este marcador seguimos ó noso e a piques estivemos de lograr o segundo tras unha boa xogada combinativa que comezou nunha banda e rematou na outra, acompañando todo o equipo e que finalizou cun gran disparo de Carlos chegando desde a segunda liña e que se colaba por cerca da escadra senón chega a ser pola estirada do porteiro.IMG_1765

Xa nos vestiarios, no tempo de lecer, as palabras do míster eran de felicitacións polo bo traballo realizado pero aínda quedaba outro metade e sabíamos que ibamos a sufrir.

Xa na segunda metade, o arreón esperado dos visitantes non se apreciou. Sí que é verdade que conseguiron custodiar máis o esférico, pero ao igual que na primeira parte, carecían de ese último pase. Unha e outra vez, os balóns colgados dende as bandas eran rexeitados pola nosa firme defensa.IMG_1769

Dispuxemos dunha magnífica oportunidade para facer o segundo, logo dun excepcional pase en diagonal de Carabán que deixou sólo a Alex ante o meta rival, pero o seu intento de vaselina saiulle bastante desviado. Poucos minutos despois chegaría o tanto do empate; balón en tres cuartos para o Sigüeiro que intentan un disparo desde lonxe o cal é rexeitado quedándose de novo co esférico e optando por un centro que, tras unha indecisión nosa, remata cun xogador rival saltando sólo case dentro da área pequena con todo a placer para lograr o 1-1 no minuto 70.IMG_1767

Este tanto sí que nos fixo decaer un pouco no ánimo e notouse xa que nos seguintes minutos non iamos con tanta frescura a polo balón. O derradeiro 2-1 chegou no minuto 80 tras un saque de esquina e posterior fallo de marcaxe que propiciarion de novo un remate de cabeza que se colaba nas nosas redes.IMG_1774

Restaban dez minutos e non nos iamos a dar por vencidos. Nun saque de esquina ó noso favor, Carabán rematou de cabeza as mans do porteiro na que foi a mellor ocasión para forzar o empate. Máis tarde sería Muras o que non chegaba por pouco a un centro de Roni.

O partido chegou ó seu fin e nada que reprochar ós nosos xogadores que loitaron ata o final e demostraron o por qué da súa boa tempada.

Xogaron: Luis, Nacho (Alex), Raúl, Carabán, Muras, Mika, Carlos, Lojo, Rafa (Roni), Portos (Eloi) e Osvaldo (Suso).

Goles: Lojo

 

 

 

 

S.D.C. RECESENDE 1- 1 BASTAVALES U.D.

Formaci_n_Recesende Formaci_n_BastavalesREPARTO DE PUNTOS PARA POÑER PUNTO FINAL Á TEMPORADA

O Rece e o Bastavales brindaron ó público asistente un partido cheo de intensidade e de loita, no que ambos planteis apenas se gardaron forzas e deron todo de sí para acabar a liga cunha vitoria e agradecer así o constante apoio das súas respectivas afeccións._DSC1400

O encontro comezou super igualado. Os dous equipos estaban moi ben plantados sobre o terreo e costaba moito chegar a área rival. O Bastavales, equipo moi forte nos balóns aéreos, mostrouse durante os noventa minutos moi compacto e moi xunto, feito que dificultaba que o pillásemos desprevenido._DSC1403

Co paso dos minutos, os visitantes forons adueñándose pouco a pouco do medio campo, sendo capaces de quedarse ca maioría de balóns divididos e dos rexeites. Debido a esta situación, iban conseguindo acercarse a nosa zona de perigo. Adiantáronse cerca do minuto 30, nunha xogada medio embarullada dentro da área que terminou cun sútil golpeo de balón dun xogador rival que sorprendía a Luis por arriba, 0-1._DSC1430

Coa superioridade no marcador, o Bastavales aínda se encontrou máis cómodo no campo. Nós non encontrabamos a fórmula para meterlle man e eles saían rápido cada vez que roubaban o balón. A piques estiveron de conseguir o segundo tanto de non ser porque o travesaño o evitou logo dun zapatazo dende fora da área. _DSC1418

A nosa tímida reacción chegou por medio dun remate de cabeza que se marchou desviado e de sendos disparos lexanos de Portos e de Rafa, sen maior perigo.

Coa mínima vantaxe para os rivais chegamos ó descanso. Algo había que cambiar xa que o equipo estábase a mostrar moi descompensado e, a veces, ata roto.

O segundo período foi outra historia. Demos varios pasos adiante e fixemos saber que ibamos a polo partido. Avisou primeiro Carabán cun remate de cabeza que se marchou fora por moi pouco. Máis tarde sería o turno para Rafa, que termina unha boa xogada colectiva cun forte disparo que tamén se vai fora._DSC1476

O Rece seguía intentándoo como un martillo pilón, sen descanso. A nosa arma eran os tiros desde fora da área, a sabendas de que era difícil sobrepasar a firme defensa contraria. Pasaban os minutos e a nosa frustración por non conseguir o tanto do empate desembocaba en desesperación._DSC1480

Osvaldo primeiro e Portos despois, remataron ó lateral da rede sendos remates en dúas xogadas perigosas. O Bastavales pouco se deixou ver na nosa área. Tivo unha boa oportunidade de deixar finiquitado o encontro nun lance no que o seu dianteiro quedou man a man con Rubén pero éste logrou salvar o gol._DSC1485

Cando xa parecía que o empate era imposible, no minuto 93 Muras conseguía por fin perforar a rede tras unha boa asistencia de Roni que o deixaba sólo ante o porteiro, 1-1._DSC1434

Xa non houbo tempo para máis e un punto para cada equipo. Agora, a pola copa.

Xogaron: Luis (Rubén), Raúl, Nacho, Carabán, Muras, Mika, Carlos (Roni), Lojo, Alex (Osvaldo), Rafa, Portos (Ortoño).

Goles: Muras