S.D.C. RECESENDE 6 – 1 U.D. QUEIRUGA

ESTAMOS “ON FIRE”DSC07360

Chegamos ós últimos partidos de liga nun gran momento de forma, especialmente no apartado goleador con dez tantos a favor nas dúas xornadas anteriores. O encontro de onte non tivo moita historia; enfrentabámonos dous equipos que tan sólo nos estamos a xogar facer o máximo de puntos posibles. Unha formidable primeira parte dos nosos provocou que a segunda metade sobrase.DSC07330

Nos primeiros 45 minutos o Rece foi un ciclón. Case iba a gol por oportunidade. No minuto 8 Mika abría o marcador logo de transformar unha pena máxima señalada por árbitro tras unhas mans rivais, 1-0.DSC07351

Durante os primeiros vintecinco minutos o xogo dos nosos foi do mellorciño da tempada, intentando xogar o balón por abaixo e facendo moi protagonistas ós homes das bandas, incluido a Raúl que xogou de lateral izquierdo e quen estivo moi activo en ataque. No minuto 14,Mika asiste a Lojo para que éste supere a salida do porteiro cun sutil toque, 2-0.DSC07317

Parecía que o Queiruga aínda non saira dos vestiarios porque estaba a verse superado con facilidade en todas as liñas. Minuto 25, chega o segundo tanto de Lojo nunha xogada na que de novo Raúl aparece en ataque e o seu disparo defectuoso e desviado intencionadamente polo capi para poñer o 3-0.DSC07322

Tras este gol, os visitantes sacaron a relucir o seu orgullo e comezaron a discutirnos a posesión. A ocasión máis clara da que dispuxeron foi un centro que Eloi a piques estivo de colar na nosa propia portería no intento de despexar o esférico. O Rece baixou o pistón e estabamos a erder o balón con certa facilidade o que provocaba que o Queiruga se asomara con facilidade polas cercanías da nosa área.DSC07327

Cerca da chegada do descanso, chegarían dous goles maís: minuto 43, Lojo consigue o seu hattrick logo dunha bonita xogada que comeza nunha banda, tócase ó medio, cambiase o sentido do xogo hacia a outra banda donde está Raúl que asite a Alex quen, primeiro se vai dun defensor e logo asiste a Lojo no segundo pao para que remate de cabeza a placer, 40. Tan sólo dous minutos máis tarde chegaría o 5-0, obra de Alex e resultado co que chegaríamos o tempo de lecer.

Na segunda parte o Queiruga estivo mellor, con moito máis orden. Foron eles quen controlaron o xogo e quenes dispuxeron de máis ocasións. Certo é que nós saímos un tanto relaxados ao vernos con esa diferencia de goles a favor e eles tiñan a obligacion moral de lavar a imaxe dada.DSC07331

Poideron recortar diferencias nun disparo que saiu demasiado cruzado ó pouco da reanudación. Estaban a gañar moitos balóns no medio do campo e chegando con bastantes efectivos ó ataque.DSC07357

A segunda metade tamén estivo marcada polo show do colexiado, que se tomou o partido a broma e comezou a sinalar cousas sen sentido, que deixaban a ambos equipos coa boca aberta.DSC07356

Os goles chegaron nos últimos minutos. Primeiro no 83, Alex fai unha cabalgata das súas pola banda e deixalle un balón franco a Portos para que dentro da área pequena dispare polo pao corto e poña o 6-0.DSC07344

No minuto 85, os visitantes fan o tanto do honor tras quedarse o seu dianteiro diante de Rubén e superalo por arriba, 6-1.

Así chegou o partido ó seu fin, pero non a actuación do arbitro. Resulta que, cando o noso delegado se acerca ó seu vestiario para que lle faga entrega das fichas e da acta, encóntrase con que éste xa abandoara o estadio, cando o máis normal é que avise como a xente de ben. Pero tiña unha razón para non facelo e é que na acta aparecía reflexada unha roxa directa a Osvaldo no minuto 91 cando este xogador non recibiu ningunha tarxeta e terminou o encontro sen máis, dirixindo hacia o seu vestiario. Unha vez máis, o árbitro, Marco Ricigliano, facía unha das súas que xa non son poucas.

Xogaron: Luis (Rubén), Raúl, Carabán (Gustavo), Eloi, Nacho, Carlos (Muras), Mika (Suso), Lojo, Alex, Portos e Osvaldo.

Goles: Mika, Lojo (3) Alex e Portos.

 

 

 

S.D.C. RECESENDE 2 – 2 C.C.D. TARAGOÑA

DSC07206REPARTO DE PUNTOS NUN PARTIDO CON MOITO RESPETO

O Taragoña casi di adiós as súas opcións de ascenso logo de deixarse dous puntos ante un Rece con duas caras. DSC07159

O encontro comezou con pouco ritmo, sen que ningún dos equipos tomara riscos inncesarios. Tres córners case consecutivos ó noso favor fixeron que os minutos iniciais transcurriran no campo do Taragoña. No minuto 5 chegou o primeiro gol, nunha falta lexana que saca Rafa e que o balón, tras dar un bote, sorprende ó porteiro visitante; 1-0. DSC07163

Tras verse por detrás no marcador, os visitantes tomaron as rendas do partido e comezaron pouco a pouco a elaborar xogadas e gañar presencia no medio do campo. Poideron conseguir o empate nunha clara ocasión cun pase da morte no que o remate saiu desviado. O Rece estaba descolocado e co paso dos minutos, esta sensación era cada vez máis notable. DSC07172

Foi no minuto 25 cando chegaría o empate, nun saque de banda peinado con forza no primeiro pao e que se colaría polo segundo, superando por arriba a Luis, 1-1. Este gol non fixo máis que animar ó Taragoña e afundir ó Rece que se estaba a ver superado en todas as liñas por un rival que sabía ó que xogaba. Poucos minutos despois do empate, volveron a disfrutar doutra boa ocasión nunha contra ben levada pola banda dereita que terminou cun remate en medio volea que saiu moi pegada á escadra.DSC07178

Chegou o minuto 35, o cal supuxo o 1-2 no marcador: falta lateral ó seu favor que non evidenciaba demasiado perigo pero, ó igual que lle pasara ó porteiro rival no noso gol, o bote sorprendía a Luis e o balón entraba mansamente na portería. O encontro era 100% do Taragoña desarrollando un xogo moi fácil con rápidas xogadas na que o obxectivo eran balóns a espalda da nosa defensa de tres que se veu desbordada. A última xogada da primeira parte apunto estivo de acabar no terceiro gol visitante senón chega a ser por Roberto que sacou o balón cando este xa entraba na portería.DSC07179

Momento do descanso e tempo para facer algúns cambios tácticos. Abandonamos a defensa de tres e volvimos a colocar catro homes atrás coa que conseguimos ter máis seguridade.

A segunda metade foi ben distinta a primeira no sentido de que a posesión do balón foi moito máis parexa. Cando tiñamos o balón atrás xa non buscábamos sólo as xogadas directas como no primeiro tempo senón que tivemos máis calma. Un pase largo de Gustavo que se convirteu en disparo, obligou ó porteiro rival a estirarse para despexar o balón, no que foi o primeiro tiro dos nosos desde o minuto cinco no que logramos o gol.DSC07203

O Taragoña non renunciaba ó ataque e dispuxo dunha boa oportunidade cun disparo que se marchou alto por moi pouquiño. O empate chegou no minuto 58 cando de novo Rafa executa unha falta lateral que é desviada o suficiente por un rival para descolocar ó seu meta, 2-2.DSC07204

Co empate o partido igualouse ainda máis. O Taragoña necesitaba os tres puntos pero non se vía capaz de chegar con claridade á nosa portería. O Rece fíxose forte en labores defensivas e non pasou verdadeiros apuros. DSC07216

A pesar de que non se poden detacar acercamentos con perigo por parte de ningún dos bandos, o encontro foi bonito ata o final especialmente pola intensidade e as ganas que se estaban a ver. O xogo chegou ó seu fin co Taragoña atacando e conseguindo un par de córnerse xa no desconto que non chegaron a bo fin.

Final do partido e un punto para cada un que nos/lles deixa na mesma posición na táboa.

Xogaron: Luis, Nacho, Roberto (Gustavo), Carabán, Carlos, Rafa, Osvaldo (Suso), Ortoño (Alex), Raúl, Sebas (Eloi)

Goles: Rafa (2)