Preparados para tomar as uvas chavalada?? “Se non vos queredes atragantar, ENTREVISTADOS teredes que mirar”. Con motivo do último programa do ano, traémosvos ao único xogador da plantilla que é natal de Recesende. Un rapaz que lle gustan máis os números que a Munín os quintos, de ahí a que o seu chiste preferido sea: “¿cál é o animal que ten entre 3 e 4 ollos? O piollo”. De él sábese que estudia Mates na Universidade, pero o que poucos coñecen é que empezou a carreira pensando que estaría 4 anos mirando partidos de baloncesto… O seu ídolo é Descartes, por eso, se algún día quedara fora da convocatoria, tomaríao coma un halago. Bueno, non enredo máis que xa ta Gayoso chamando por min.
Con todos vostedes CARLIÑOS BROWN!!!!!
Arrancamos:
– ¿Dónde vives?
En recesende.
– ¿Cántas temporadas levas no recesende?
9
– Posición na que xogas normalmente:
Medio centro.
– Equipos nos que xogaches:
Recesende.
– Mellor gol que marcaches:
Non é o mellor gol que marquei, pero do que mellor recordo teño foi o gol fantasma que lle marquei ao fatima na copa. por unha vez eramos nós os que lles roubabamos a eles. foi a última tempada de xuvenís, na que roni nos adestraba á súa imaxe e semellanza, para que fósemos trampeiros e marrulleiros.
– ¿A razón de que devolveras dentro do coche de roni (profesor) é que tiveches mala relación cos profes de primaria e pagáchelo con él?
Sí, a venganza é un prato que se sirve frío. xurei que un día de 2º de primaria que aquel recreo castigado tería consecuencias e o coche de roni pagou os partos rotos.
– Os que estaban ó teu lado nos partidos que viches dende a grada descubriron que che gusta “rajar” como o que máis ¿algo qué dicir?
Coma o que máis é imposible, porque hai un tal osvaldo que neste tema xoga noutra división. ero teño que matizar que eu nunca “rajo”, fago críticas constructivas.
– Os rivais non te dan parado nin a faltas, se embargo naquela cena que te subiches ó cabalo de jusepe afuziñaches case o instante ¿a qué se debeu?
Vou relatar os feitos do xeito máis fiel á realidade do que son capaz: eu atopábame tatalmente sobrio disertando sobre o carácter pecaminoso do “xogo do duro” cando jusepe, facendo valer a forza do seu hercúleo peito, subiume enriba del e empezou a trotar. posto que él ía calzado coma unha tella caímos ó chan, con desastrosas consecuencias para o meu rostro.
– ¿Cál foi a túa contestación cando che propuxero unha orgía diante do buho?
Creo que eu non dixen nada e foi roni quen, dun xeito moi cortés, declinou tan decadente invitación. menos mal que nese momento jusepe e botana estaban ocupados cunhas moinantes de carballo, porque senón non quero pensar o que responderían eles.
– ¿A razón de que che gusten as matemáticas é que odiabas a unha persoa chamada máticas e matáchelo? (humor inteligente)
Tomarei ese chiste coma retórico, é o mellor que podo facer.
– ¿Dónde te sentas normalmente no vestiario?
Lonxe do soviet supremo.
– ¿Levas champú, aprovéitaste de quen o leva ou directamente non o usas?
Confieso que he pecado.
– ¿Rubias ou morenas?
Calvas.
– ¿Qué che gustaría facer cando seas abuelo?
Ter alguén reto que queira escoitar as miñas batallas.
– ¿Qué fas nos teus ratos libres: enumeras números, buscas fórmulas matemáticas para mellorar os regates…?
Sí, estudio o carácter parabólico das miñas folhas secas supersónicas, coma a que lle mandeo o outro día ao indefenso porteiro do rois que, como era de esperar, non foi quen de ataxar e permitiu a aitor empatar o encontro.
– ¿Qué apodos tes?
Carliños, charlie, alfredo…
– Ante a proposta: “a liga é do recesende se lle das un bico no cú a un dos teus compañeiros” ¿qué xogador/aficionado sería o elixido?
Non quero dar nomes concretos porque se me poñen celosos os demáis e non é cousa de partirle o corazón a ninguén.
(Acordádevos de facervos fan da páxina, que non vos costa nada carajo)