Entrevista a Osvaldo

entrevista-osvaldoBenvidos ao ENTREVISTADOS máis triste do que levamos de temporada. A dura derrota de onte, aínda nos sigue escocendo nos sesos. Pero nn pasa nada, como ben dixo “Gustavo Placa Placa” aínda queda moita liga!! e aquí temos esta sección para sacar un sonrriso aos Recesendianos máis tristes.
Hoxe temos connosco a unha persoa que, ainda que nestes momentos non está xogando, temos as esperanzas de que volva ser o xogador de antaño (para os despistados: antaño non é un lugar, é un adverbio). Pode considerarse coma un dos xogadores con máis nombre ou polo menos mellor currículum dos que pasaron polo Recesende.
De feito, se non fora polo vago que é e polos bocadillos de magdalenas que comía de pequeno, ahora mismo podería estar xogando en algunha categoría superior.
Un xogador que non pasaba desapercibido entre as defensas rivais, o seu era sacalos de quicio. Ahora dedícase a sacalos de quicio pero desde a grada, e non se lle da nada mal. Señores e señoras, aquí temos a “Maravilla Osvaldoooo”.

Arrancamos:

– ¿Dónde vives?
Vivo nun piso.

– ¿Cántas temporadas levas no recesende de xogador?
Levo 7 ou 8 de xogador.

– Posición na que xogabas normalmente:
Dianteiro.

– Equipos nos que xogaches:
Cacheiras, compos, flavia e recesende.

– Mellor gol que marcaches:
Por decir un entre “miles”, pois un de rabona o rois.

– ¿Dónde te sentabas normalmente no vestuario?
No centro, debaixo da ventana e lexos dos crack xa que ali hai pouco sitio e sodes moitos e hai moito roze.

– ¿Algún momento a destacar na túa traxectoria?
Destaco 1 partido contra o atl de bilbao. un partido asi non se xoga sempre.

– ¿Tes pensado xogar esta temporada?
Aer si me fan ficha…

– ¿Levabas champú para os partidos, aproveitábaste de quen o levaba ou directamente non usabas champú?
Suelo levar.

– ¿Tes pensado montar unha zapatería para homes chamado “piso moreno”?
Va ser que no!

– Posturitas foi a última gran vítima dos teus vaciles en serie ¿a qué esperas para buscar outra?
Xa vacilo a gustavo, o grupo dos porreros, a rafa…

– Siempre que xogas ó duro acabas coma unha estrepia ¿pensas que hai complot contra ti ou eres moi malo xogando?
Hai complot. E o que pasa e que hai moito achicado e sempre xogamos os mesmos.

– ¿Rubias ou morenas?
Eu miro o interior.

– Valdo, dinos cál é a túa relación co “valdo ulla”:
Gardo unha boa relacion con toda a defensa.

– ¿Sigues comendo bocadillos de magdalenas?
Non dende que gustavo rial me dou a receta do bocadillo de ladrillos.

– ¿Qué che gustaría facer cando seas un abuelo?
Rascala….

– Danos máis detalles acerca da noite do vía 13 na que saliches do pub con cunha roupa e volviches entrar con outra distinta habia unha tenda con un ventanal aberto que regalaban roupa…
Nacho tamén o pode explicar.

– ¿Qué apodos tes?
Ningun…pero cando era pequeno chamábanme “polillita” e ultimamente algunha vez “palermo”.

– ¿Cóntanos que che pasou unha noite na rotonda de brión e acto seguido na entrada do piso?
Tania que ia conducindo en modo “rally” e mareeime un pouco.

– Se che propoñen:”a liga é do recesende se lle das un bico no cú a un dos teus compañeiros”. ¿qué xogador/aficionado sería o elexido?
A nadie…prefiero quedar en terceira e xogar o lado da casa…

Entrevista a Castiñeiras

entrevista-casti¿How are you people?? (vai por ti Fandiño)
Despois dun domingo intenso, con Alonso e o Recesende, chega o lunes e chega ENTREVISTADOS!!!!!!! yeahhhhhh!!
A de hoxe é una entrevista especial,xa que é o primeiro cuestionario que non se fai a un xogador. Pero aparte tamén é especial pola persoa da que se trata, o principal culpable (pero non o único) de que este clube continúe unha tempada máis compentindo polas parroquias adiante. Unha persoa que destaca pola súa seriedade, templanza e pola súa planta (que non plantas de… coma outros).
Xa está claro de quen se trata ou non?? O PRESIIIIIIII CASTIÑEIRASSSSSSS

Arrancamos:

– ¿Dónde vives?
Desde fai un ano no milladoiro.

– ¿Cántas temporadas levas no recesende de xogador e presidente?
Catorce de xogador e esta é a terceira de presi.

– Posición na que xogabas normalmente:
Normalmente no mediocampo pero tamen xoguei algunha tempada de central.

– Equipos nos que xogaches:
Xoguei tres anos no cacheiras ( de infantil e cadete) e despois no recesende ata que me rompín os xeonllos.

– Mellor gol que marcaches:
Non marcaba moitos pero recordo un de cabeza que lle marquei o deportivo sar en extramundi porque nos deu a victoria e nos estabamos xogando o ascenso con eles.

– ¿Dónde te sentabas normalmente no vestuario?
Non tiña sitio fixo, onde houbese algún oco.

– ¿Levabas champú para os partidos, aproveitábaste de quen o levaba ou directamente non usabas champú?
durante moitos anos o club deunos o champú e candou deixaron de facelo comezei a levalo.

– ¿Cál foi o teu mellor momento desde que estás de presidente?
Sen dúbida os dous ascensos de hai duas tempadas, aínda que momentos bos hai moitos( as victorias do equipo, non rematar os exercicios en números roxos,…)

– ¿E o peor?
O peor foi o descenso do equipo a tempada pasada porque nos quedamos a un só gol da salvación e lle xogamos de tu a tu a tódolos equipos da liga.

– ¿Cerveza, cubalibre ou licor café?
Birra.

– O obxectivo desta temporada está claro, pero ¿cál é o obxectivo a medio/largo plazo?
Gustaríame que o equipo se asentase na segunda autonómica porque e unha liga bonita e economicamente asumible.

– Se o equipo consegue o ascenso ¿hai algunha prima ou sorpresa preparada?
De momento non hai nada preparado pero por suposto que se fará algunha festiña. De todos xeitos falta moito e non vai ser coser e cantar.

– A túa templanza e saber estar na túa vida normal, contrasta coa fama de bullero que tiñas dentro do campo ¿a qué se debe?
Desde fora vense as cousas de outro modo e daste conta que non ten razón de ser. Só e un deporte. Estaste enfrontado a rapaces coma ti , que o día de maña poden ser os teus amigos ou compañeiros de traballo e tes moitas cousas en común con eles. Por sorte nos últimos anos apenas hai trifulcas, da gusto ir a calquera campo. Estamos todos mais civilizados.

– ¿Qué che gustaría facer cando seas un abuelo?
Home, con que haxa unha baralla de cartas,… pero primeiro hai que ser pai.

– ¿Algunha vez che entraron ganas de levar o arbitro para a comisaría?
Si, e de afogalo no rio tamen.

– ¿Qué apodos tes?
Chámanme castiñeiras, pero mais que apodo é o apelido dunha rama da miña familia.

– Se che propoñen:”a liga é do recesende se lle das un bico no cú a un dos teus compañeiros”. ¿qué xogador/aficionado sería o elexido?
Dariallo a calquera menos a un ultra conocido co alcume de “buyo” (ten fama de ser moi peludo).