PRESENTACIÓN DE CONTAS 2013-2014

REUNIÓN SOCIOS/AS S.D.C. RECESENDE
VIERNES 27 DE XUÑO, 21:00 HORAS NO LOCAL SOCIAL
Puntos a tratar:
– Presentación de contas da tempada 2013-2014
– Planificación da pretempada
– Presentación de novas candidaturas á directiva (se as hai)
– Nomeamento da directiva para a tempada 2014-2015.
Como seguramente non haxa novas candidaturas para a directiva, ésta quedará conformada como se aprecia na foto. Sigue a mesma xente que a tempada pasada coa incorporación de Rubén Tubío.

fkm

RECESENDE 2014-2015

CAM00579O Recesende 2014/2015 comeza a perfilarse. Nestes últimos días mantivéronse contactos cos xogadores da tempada recién finalizada para saber quen ía continuar e quen non. Hoxe, coa información colleitada, reuniuse a directiva e o mister para falar dos posibles fichajes que debemos facer. Xa hai algún nome confirmado e outros que están ben encamiñados.
Por outro lado tamén se falou para poñer data para a reunión de socios, presentación das contas e o nomeamento de algunha cara nova na directiva. Nos próximos días anunciaremos o día que se celebrará.