LESENDE C.F. CAMPIÓN DE LIGA

LESENDEXa temos campión na nosa competición, trátase do Lesende C.F.
Co título conseguido cando aínda restan seis xornadas para o final, sacándolle 19 PUNTOS o segundo clasificado, só 1 partido perdido, sendo o equipo máis goleador e o menos goleado da liga, o único que podemos facer é rendirnos ante a tremenda tempada que fixeron, felicitalos polo seu máis que merecido ascenso a primeira rexional e desexarlle todo a sorte do mundo na seguinte tempada.
NORABOA DE PARTE DE TODO O EQUIPO DO S.D.C. RECESENDE!

S.D.C. RECESENDE – S.D. BRIÓN

brion

S.D.C. RECESENDE – S.D. BRIÓN
Xornada 28 da Segunda Autonómica. Visita A Devesiña o Brión, un dos equipos máis irregulares da categoría e que antes de empezar a tempada partía coma un dos posibles para estar arriba na clasificación. Non está pasando un bo momento xa que nestes intres atópase no posto 14, dous puntos por arriba do descenso. Sen embargo só están sete puntos por debaixo de nos, que estamos de sétimos.
No que levamos de liga, os números do Brión son: 10 partidos gañados, 2 empatados e 15 encontros perdidos, sumando 42 tantos a favor e 52 goles encaixados.
Pola nosa parte, seguimos acumulando moitas baixas: só temos 12 xogadores en plenas condicións, 2 que serán duda ata o último momento e un total de 8 xogadores que non poderán disputar o encontro entre lesionados e sancionados
No partido de ida, o resultado foi de 2-1 para os brionenses.